GALICIA
Galicia conquista o mundo cos seus produtos do mar
Os produtos do mar de Galicia están a demostrar que son auténticos viaxeiros grazas á aposta da Administración galega e das empresas da comunidade por mostrar as súas bondades máis aló das súas fronteiras. Esta estratexia, iniciada hai máis dunha década, actualízase e adapta constantemente ás demandas dos consumidores, poñendo en valor a calidade dos peixes e mariscos galegos en todas as súas versións -frescos, conxelados, en conserva ou noutras presentacións- e destacando o labor dos profesionais do mar que se encargan de capturalos e preparalos para a súa venda.
As campañas de promoción como GALICIA SABE AMAR e a participación en feiras de alimentación nacionais e internacionais teñen contribuído a impulsar as exportacións de produtos do mar galegos ata niveis nunca antes vistos. Nos últimos anos, as vendas galegas ao exterior de peixes e mariscos alcanzaron cifras récord. En 2023, Galicia situouse no posto 15 mundial en vendas externas de produtos de pesca, con máis de 608.000 toneladas exportadas por un valor de 2.787 millóns de euros. O pasado ano, o 56% dos produtos que España vendeu ao estranxeiro saíron de Galicia, xerando o 52% do valor total, un 2,94% máis que en 2022 e un 15,76% máis que en 2021.
Este logro foi posible malia as dificultades económicas globais derivadas da guerra en Ucraína, o encarecemento da enerxía e das materias primas, e a escalada inflacionista. A dilatada experiencia das empresas galegas da cadea mar-industria na participación en feiras foi clave para abrir novas vías de negocio e chegar a máis mercados. Estes encontros sectoriais contan coa participación da Consellería do Mar, que cada ano está presente en preto dunha vintena de certames nacionais e internacionais, seguindo as peticións do propio sector.
A Xunta de Galicia estivo ou vai estar presente en importantes feiras internacionais como Gulfood Dubai, Foodex Japan, a Seafood Expo North America, Tutto Food Milán, a Summer Fancy Food Show de Nova York, a Seafood Expo Asia, Expomar Cabo Verde e Anuga Colonia. Ademais, tamén participa en feiras nacionais como Aquafuture Spain en Silleda, o Salón Gourmets de Madrid, a Seafood Expo Global en Barcelona, Expomar Burela, Salimat Abanca en Silleda, Conxemar Vigo, San Sebastián Gastronómika, Xantar Ourense e Gastrónoma Valencia.
A campaña GALICIA SABE AMAR, posta en marcha en 2021, ten como obxectivo poñer en valor os produtos do mar e agradecer o esforzo dos pescadores galegos. En 2023, deu un paso máis ao botarse á estrada con catro foodtrucks que percorreron distintos concellos de Galicia polos que pasan diferentes rutas do Camiño de Santiago, ofrecendo petiscos elaborados con produtos certificados do mar de Galicia. Esta iniciativa alcanzou a 35.000 persoas en 376 concellos, percorrendo máis de 6.000 quilómetros.
As campañas de promoción contribuíron a que as cotizacións nas lonxas galegas encadearan varios máximos históricos nos últimos anos, mellorando a rendibilidade da actividade pesqueira e contribuíndo á sustentabilidade dos recursos. Galicia conta con máis de 60 lonxas onde se comercializan arredor de 300 especies diferentes, recoñecidas pola súa calidade e prestixio a nivel mundial. A acuicultura, como a produción de mexillón, e a industria transformadora tamén xogan un papel fundamental na economía galega, xerando produtos que acaban nos mercados de todo o mundo.
As accións de promoción dos produtos do mar son fundamentais para elevar os prezos e impulsar un sector clave para a economía galega, interactuando con 76 das 83 ramas económicas identificadas en Galicia. O complexo mar-industria galego pon no mercado produtos por valor de preto de 9.000 millóns de euros ao ano, alcanzando o 4,8% do PIB de España.
A promoción dos produtos do mar tamén destaca a importancia de consumir alimentos saudables, mellorando a saúde da poboación e fomentando a sustentabilidade. Os peixes e mariscos galegos, ricos en Omega-3, vitaminas D e B, ferro, potasio, iodo e calcio, teñen unha pegada de carbono baixa e ofrecen unha alimentación de calidade. O sector mar-industria galego, que emprega directamente a 40.000 persoas, contribúe a manter viva unha actividade esencial para a economía e a cultura galegas.

![[Img #89613]](https://xornal21.com/upload/images/07_2024/5852_galicia-sabe-amar-4.jpg)
Este logro foi posible malia as dificultades económicas globais derivadas da guerra en Ucraína, o encarecemento da enerxía e das materias primas, e a escalada inflacionista. A dilatada experiencia das empresas galegas da cadea mar-industria na participación en feiras foi clave para abrir novas vías de negocio e chegar a máis mercados. Estes encontros sectoriais contan coa participación da Consellería do Mar, que cada ano está presente en preto dunha vintena de certames nacionais e internacionais, seguindo as peticións do propio sector.
![[Img #89612]](https://xornal21.com/upload/images/07_2024/112_galicia-sabe-amar-3.jpg)
A Xunta de Galicia estivo ou vai estar presente en importantes feiras internacionais como Gulfood Dubai, Foodex Japan, a Seafood Expo North America, Tutto Food Milán, a Summer Fancy Food Show de Nova York, a Seafood Expo Asia, Expomar Cabo Verde e Anuga Colonia. Ademais, tamén participa en feiras nacionais como Aquafuture Spain en Silleda, o Salón Gourmets de Madrid, a Seafood Expo Global en Barcelona, Expomar Burela, Salimat Abanca en Silleda, Conxemar Vigo, San Sebastián Gastronómika, Xantar Ourense e Gastrónoma Valencia.
A campaña GALICIA SABE AMAR, posta en marcha en 2021, ten como obxectivo poñer en valor os produtos do mar e agradecer o esforzo dos pescadores galegos. En 2023, deu un paso máis ao botarse á estrada con catro foodtrucks que percorreron distintos concellos de Galicia polos que pasan diferentes rutas do Camiño de Santiago, ofrecendo petiscos elaborados con produtos certificados do mar de Galicia. Esta iniciativa alcanzou a 35.000 persoas en 376 concellos, percorrendo máis de 6.000 quilómetros.
As campañas de promoción contribuíron a que as cotizacións nas lonxas galegas encadearan varios máximos históricos nos últimos anos, mellorando a rendibilidade da actividade pesqueira e contribuíndo á sustentabilidade dos recursos. Galicia conta con máis de 60 lonxas onde se comercializan arredor de 300 especies diferentes, recoñecidas pola súa calidade e prestixio a nivel mundial. A acuicultura, como a produción de mexillón, e a industria transformadora tamén xogan un papel fundamental na economía galega, xerando produtos que acaban nos mercados de todo o mundo.
As accións de promoción dos produtos do mar son fundamentais para elevar os prezos e impulsar un sector clave para a economía galega, interactuando con 76 das 83 ramas económicas identificadas en Galicia. O complexo mar-industria galego pon no mercado produtos por valor de preto de 9.000 millóns de euros ao ano, alcanzando o 4,8% do PIB de España.
A promoción dos produtos do mar tamén destaca a importancia de consumir alimentos saudables, mellorando a saúde da poboación e fomentando a sustentabilidade. Os peixes e mariscos galegos, ricos en Omega-3, vitaminas D e B, ferro, potasio, iodo e calcio, teñen unha pegada de carbono baixa e ofrecen unha alimentación de calidade. O sector mar-industria galego, que emprega directamente a 40.000 persoas, contribúe a manter viva unha actividade esencial para a economía e a cultura galegas.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129