Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 07 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Allegue visita a actuación na contorna do río Louro no Porriño executada ao abeiro do Plan Hurbe

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou onte xunto ao alcalde Alejandro Lorenzo e o delegado territorial de Pontevedra, Agustín Reguera, a intervención de acondicionamento realizada na contorna do paseo do río Louro, desenvolvida no marco do Plan Hurbe da Xunta de Galicia.

 

 

A actuación consistiu na pavimentación do viario paralelo á vía férrea nun treito de 1,5 quilómetros, coa delimitación dun carril bici bidireccional de 2,6 metros de ancho e unha zona de tránsito peonil de 2 metros. Ademais, instaláronse columnas de alumeado de 5 metros de altura con luminarias dotadas de sensores de presenza. O investimento total desta intervención foi de 401.000 euros, dos cales a Xunta financiou o 70% e o Concello de Porriño asumiu o 30% restante.

 

A conselleira María Martínez Allegue destacou a importancia do Plan Hurbe, afirmando que “é unha oportunidade real para dotar de equipamentos públicos e mellorar as contornas urbanas, con actuacións que se erixen en fundamentais para a dinamización social e cultural do territorio”.

 

Martínez Allegue subliñou que proxectos como o do Porriño melloran a calidade de vida de veciños e visitantes, constituíndo “a culminación con éxito dun proxecto co que queremos poñer en valor esta contorna e esta vila”. A conselleira convidou á veciñanza a desfrutar do novo espazo, destacando a colaboración entre a Xunta e os concellos como un exemplo de cooperación efectiva.

 

O Plan Hurbe financiou nos últimos catro anos 86 proxectos en Galicia, cun investimento total de 17,1 millóns de euros. A conselleira explicou que este plan é “un pasiño máis na posta en valor das vilas, tanto as grandes como as pequenas, e dos núcleos rurais, que defendemos nas nosas políticas de urbanismo”. Engadiu que con estas intervencións estanse a crear “as condicións propicias para o desenvolvemento sostible dos nosos concellos, a través de proxectos cos que estamos a recuperar espazos públicos e a subliñar a súa singularidade”.

 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.