Vigo
Máis equipamento de emerxencias para sete Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da área de Vigo
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega de diverso equipamento de emerxencias a sete Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da área territorial de Vigo e da Mancomunidade do Val Miñor. O acto tivo lugar a semana pasada na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).
Os equipos entregados inclúen un remolque para a atención ás emerxencias á Mancomunidade do Val Miñor, unha tenda de campaña para a agrupación de Salceda de Caselas, tres kits de material loxístico para as AVPC de Soutomaior, Cangas e Moaña, e dous kits de ferramentas eléctricas para as agrupacións de Redondela e O Porriño. O investimento total desta dotación ascende a preto de 36.000 euros.
No acto, participaron tamén o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e os delegados territoriais da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e en Pontevedra, Agustín Reguera, así como representantes dos concellos e das AVPC beneficiarias.
Os remolques entregados están equipados con electro bomba somerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil, motoserra, rozadoira, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización. As tendas de campaña, de 4x4 metros, contan con estruturas reforzadas de aluminio e kit de iluminación de baixo consumo. Os kits de ferramentas eléctricas inclúen amoladora, serra sable, motoserra con mochila para transporte, taladro percutor, miniarrancador, baterías e cargadores. O material loxístico para a seguridade viaria inclúe unha mampara de protección visual plegable, soportes telescópicos antivento, pack de sinalización, tetrápodos con reflectantes, balizas sincronizables e lanternas.
Este equipamento foi financiado a través da orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con AVPC. Dos 86 colectivos beneficiarios desta convocatoria, 25 son da provincia da Coruña, 9 da de Lugo, 28 da de Ourense e 24 da de Pontevedra. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do programa Feder de Galicia.
Diego Calvo reafirmou o compromiso da Xunta cos servizos de emerxencias a pesar de ser competencia local. Destacou o importante investimento realizado nos últimos anos para reforzar o equipamento dos servizos de emerxencias municipais, sinalando que, no caso de Protección Civil, as achegas para o financiamento da súa actividade, equipamento e formación suman máis de 22 millóns de euros. En 2023, preto de 200 AVPC beneficiáronse da orde anual para gastos de mantemento, dotada con 340.000 euros.
O conselleiro salientou a importancia do labor das AVPC, que en 2023 participaron en máis de 48.000 operativos en toda Galicia. Destacou a relevancia da formación, con case un cento de cursos específicos para estes voluntarios na Agasp, nos que participaron preto de 2.000 persoas.
Calvo resaltou a dedicación e xenerosidade dos voluntarios de Protección Civil, subliñando a necesidade de apoio das administracións para garantir a seguridade e eficacia no seu labor. "Moitas veces son os primeiros en chegar ao lugar dun accidente ou sinistro", afirmou, expresando o recoñecemento e agradecemento pola súa entrega, que os converte en exemplos de heroicidade e solidariedade.
Neste marco de apoio, a Xunta tamén entregou recentemente diversas dotacións a catro Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). Os GES de Mos e A Guarda recibiron furgóns de servizos varios, mentres que os de Brión, Monterroso e Maceda recibiron bombas rurais pesadas. Este equipamento supuxo un investimento de case 900.000 euros, sumando un total de máis de 27 millóns de euros en equipamento para servizos de emerxencias municipais nos últimos anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129