Miércoles, 05 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 10 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
BAIONA

A Xunta ampliará a Escola de Educación Infantil O Areal, en Baiona

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou recentemente a Escola de Educación Infantil O Areal, en Baiona, para anunciar a súa ampliación. A actuación, que xa está licitada, contará cun orzamento de case 225.000€. Está previsto que as obras comecen en novembro e rematen en maio, para o que o Concello de Baiona vai conceder a licenza o vindeiro mércores, segundo informou o alcalde Jesús Vázquez Almuíña.

 

 

Rodríguez destacou a importancia desta actuación para dotar a escola dun espazo amplo onde poder desenvolver diferentes actividades didácticas e de ocio, cruciais para o desenvolvemento do alumnado de Infantil. "Seguimos os parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que aposta por espazos flexibles e polivalentes en continuidade coa natureza, como será o que construamos neste centro", detallou.

 

A obra consistirá na construción dun volume anexo ao edificio existente, cunha superficie total de 107,75 m². O novo espazo será flexible e poderá usarse tanto de maneira independente como estendéndoo cara ao espazo exterior, incluíndo un espazo cuberto que permita o seu uso en condicións climatolóxicas adversas.

 

Ademais, a nova edificación da EEI O Areal procurará a eficiencia enerxética e o respecto ao medio ambiente, minimizando a pegada ecolóxica e utilizando métodos de construción en seco. A única excepción será a cimentación e a soleira do edificio, que se realizarán con formigón armado.

 

A estrutura do novo edificio será de madeira laminada, con cerramentos de paneis de madeira-cemento, fiestras de madeira, divisións interiores de panel de xeso, pavimentos de tarima flotante de madeira e cuberta de zinc.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.