Vigo
Fin de temporada da Agrupación Veteranos Fútbol Vigo
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta fin de semana no Hotel Coia de Vigo á cea coa que a Agrupación Veteranos Fútbol Vigo celebrou o seu final de temporada. A vicepresidenta saudou os asistentes agradecendo o convite por parte do seu presidente, Ernesto Orge Barral, e puxo o foco no espírito de equipo e de deportividade dos xogadores.
“Se algo nos ensina o deporte é que os valores e a aprendizaxe están por enriba dos éxitos, ao igual que o equipo está por enriba dos triunfos individuais”, sinalou Luisa Sánchez, que tamén realizou un símil entre o deporte e a xestión das administracións públicas para lembrar que “nós tamén concentramos os nosos esforzos para reforzar o benestar dunha colectividade: a cidadanía da provincia de Pontevedra”. A vicepresidenta provincial animou o conxunto de xogadores a “seguir así, demostrándonos que o deporte é un espello que nos devolve o reflexo do mellor da sociedade”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129