TOMIÑO
A Xunta autoriza a transferencia a prol do Concello de Tomiño de varios treitos de dúas estradas provinciais
O Consello da Xunta aprobou esta semana un decreto polo que se transfiren ao Concello de Tomiño tres treitos antigos da estrada provincial EP-3101 Tebra – Cristelos e un treito antigo da EP-3103 Cristelos – Burgueira. Esta decisión permitirá ao Concello asumir a competencia para actuar nestes tramos, así como a súa conservación e mantemento.
Os treitos transferidos son: un de 63 metros na marxe esquerda da EP-3101 á altura do punto quilométrico 0; outro de 83 metros no quilómetro 3+200; e un terceiro de 114 metros á altura do quilómetro 3+900. Ademais, inclúese a transferencia dun treito de 55 metros na marxe dereita da EP-3103, á altura do punto quilométrico 0+800.
Este acordo é resultado dun convenio entre o Concello de Tomiño e a Deputación Provincial de Pontevedra, no cal se establece a obriga da entidade municipal de solicitar a transferencia de titularidade destas vías.
A Axencia Galega de Infraestruturas, tras avaliar os informes emitidos polos servizos competentes, formulou unha proposta favorable ao cambio de titularidade destes treitos antigos das estradas provinciais EP-3101 e EP-3103.
A transferencia destes treitos tramítase conforme á Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estipula que a súa aprobación se faga mediante decreto da Xunta, a proposta da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e tras o acordo entre as administracións implicadas.
Con esta transferencia, o Concello de Tomiño terá plena competencia para actuar nos treitos mencionados e será responsable da súa conservación e mantemento. O decreto aprobado o pasado luns polo Executivo autonómico entrará en vigor a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129