Viernes, 12 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O goberno de Luis López reforza os programas de apoio ao sector primario

Javier Tourís, deputado delegado de Areeiro: “Temos conseguido que centros de investigación de Francia, Portugal e Estados Unidos se teñan fixado en nós para poñer en marcha proxectos conxuntos de interese para o sector primario. Estamos traballando, ademais, para converter a camelia e o TéAreeiro nun emblema da provincia”

O goberno de Luis López reforzou no seu primeiro ano á fronte da Deputación os programas de apoio ao sector primario a través de Areeiro e Mouriscade e impulsou  actuacións para conservar a contorna natural da provincia. As áreas relacionadas co sector primario e o medio natural, en mans dos deputados Javier Tourís (responsable da Estación Fitopatolóxica Areeiro), Jorge Cubela (responsable de Desenvolvemento Rural e da Finca Mouriscade) e Marcos Guisasola (deputado delegado de Medio Ambiente e Mar), teñen conseguido nestes primeiros doce meses de mandato avanzar no seu posicionamento como referentes estatais e internacionais en canto ao sector primario, con novas actuacións e programas para conservar a contorna natural da provincia.

 

 

Estación Fitopatolóxica Areeiro
Ao longo deste primeiro ano de goberno traballouse para impulsar internacionalmente a Estación Fitopatolóxica Areeiro, mantendo encontros con centros de investigación de Francia, Portugal e Estados Unidos para poñer en marcha proxectos conxuntos de interese para o sector primario da provincia. Abriuse o centro, que dirixe o deputado provincial Javier Tourís, á cidadanía do conxunto da provincia, a través dun servizo de visitas guiadas, e iniciáronse as obras para rehabilitar e reforzar a estrutura da casona e mellorar o acceso ao laboratorio de fitopatoloxía, onde se está a investir 130.000 euros.

 

A Estación Fitopatolóxica Areeiro é un centro de referencia cun alto prestixio a nivel nacional e internacional debido ao seu labor no ámbito da sanidade vexetal, na investigación e experimentación sobre cultivos forestais, agrícolas ou ornamentais como a camelia, e tamén na defensa e conservación do patrimonio vexetal da provincia. O centro conta con laboratorios dedicados ao diagnóstico e investigación das pragas e enfermidades dos vexetais, á edafoloxía e a estudos de cultivos.

 

Neste eido, estase a traballar para impulsar a finca en materia turística, co obxectivo de promover a camelia e a marca TéAreeiro, chegando ao tecido asociativo a través, entre outras iniciativas, de cursos de formación para a elaboración de té de camelia. Prevese tamén dinamizar o recinto a través de concertos e eventos e poñer en marcha o Camelia Fest, da man das áreas de Cultura e Turismo.

 

Mouriscade
No que respecta á Finca Mouriscade, da que é responsable o deputado provincial Jorge Cubela, tense conseguido en só un ano avances en canto á calidade xenética dos animais da gandeira, froito da compra de embrións procedentes das mellores vacas, tanto a nivel nacional como internacional, principalmente de Estados Unidos e Canadá. Estes avances constátanse na mellora na listaxe das explotacións con mellor índice combinado (ICO) de España, pasando do número 12 do ano pasado ao número 4 que ocupamos na actualidade.

 

Ademais, tamén este ano púxose en marcha o laboratorio móbil de aspiración transvaxinal de ovocitos, significando unha mellora substancial na calidade do traballo que se está a levar a cabo nas distintas explotacións gandeiras da provincia. E optimizouse a plataforma de venda de embrións producidos en Mouriscade, para que sexa máis áxil e transparente e todos os gandeiros que o desexen teñan a mesma capacidade e accesibilidade á compra.  Tamén este ano aprobouse o acordo regulador do prezo público por prestación do servizo de venda de embrións bovinos de Mouriscade, bonificando aproximadamente o 30% no prezo de venda dos embrións aos gandeiros da provincia.

 

Nestes primeiros doce meses de goberno de Luis López na Deputación tamén se realizaron subastas de gan a man alzada, abertas a todos os gandeiros, e asinouse un convenio coa Confederación Nacional de Frisona Española para a avaliación xenómica da eficiencia alimentaria e a toma de datos sobre saúde e benestar animal.

 

Medio Ambiente e Mar
A través da área de Medio Ambiente e Mar, que lidera Marcos Guisasola, impulsáronse liñas de axuda para gastos de funcionamento que garantan a sustentabilidade das actividades pesqueira e masiqueira, así como iniciativas para o mantemento e conservación da contorna agroforestal e a prevención e defensa contra os incendios forestais. Tamén se impulsaron actividades de apoio aos produtores agropecuarios na aplicación da PAC e en materia de prevención de riscos laborais, así como traballou na conservación da biodiversidade a través de proxectos centrados nos hábitats costeiros galaicoportugueses.

 

Aprobáronse este ano axudas para cooperativas agrogandeiras da provincia cun orzamento de 250.000 euros e para confrarías e agrupacións de mariscadoras polo mesmo importe. Neste último caso, por vez primeira e para atender a demanda do sector, a institución provincial destinará 175.000 euros para que estas entidades poidan afrontar gasto corrente.

 

Tamén están en marcha os programas “Voando nas Rías Baixas”, con rutas ornitolóxicas por diferentes contornas naturais da provincia, e “+Bosques”, para desfrutar dos “baños de bosque” en diferentes lugares da costa e do interior de Pontevedra. E, de cara aos vindeiros meses, preténdese incrementar o apoio ao sector primario así como as actuacións encamiñadas á divulgación ambiental para conseguir unha provincia máis sostible.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.