Domingo, 14 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 12 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O PP de Tomiño denuncia a aposta polo feísmo na reforma da contorna da capela de Estás

Os populares acusan ao goberno do BNG de mentir ao achacar esta decisión a Patrimonio, “posto que o organismo da Xunta só lles dixo que non se podían misturar formigón e pedra, pero convidounos a empregar só o material propio do país e non o fixeron por falla de cartos”

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de denunciar a nova aposta polo feísmo por parte do goberno nacionalista ao impulsar un proxecto de reforma da contorna da capela de Estás que se executará case ao completo en formigón e que, ademais, incumpre o compromiso da alcaldesa, Sandra González, de que esta obra na súa propia parroquia –como sostivo no pleno de febreiro de 2023– se realizaría principalmente en pedra.

 


Ao respecto, os populares criticaron, no pleno celebrado esta semana, que o BNG minta novamente aos tomiñeses tanto por non acometer esta remodelación dun espazo rural en pedra como por tratar de xustificarse na propia sesión achacando esta decisión á Dirección Xeral de Patrimonio.


Así, indicaron que a empresa redactora presentou un primeiro proxecto que se baseaba, nun 80%, no emprego de formigón para esta contorna e o Concello foi advertido polo citado organismo da Xunta de Galicia de que non se podía facer a mistura deste material con pedra a carón dun edificio relixioso de valor patrimonial e que había que apostar por un material por unidade estética.


“Culpar á Xunta de que a obra de Estás se vai facer en formigón é o derradeiro número de equilibrismo do voceiro, Uxío Benítez, e do BNG porque a alcaldesa non se atreveu a comentar nada despois de comprometer a súa palabra hai apenas ano e medio. Patrimonio prohibíulle a mistura de pedra e formigón nesa zona, pero convidou e animou ao Concello a emprender integramente esta actuación en pedra, que é algo que desbotaron por falla de cartos, o que demostra que o compromiso do Bloque cos materiais propios do país depende do prezo”, apostillou a voceira municipal, Mónica Otero, que se estreaba no cargo nunha sesión plenaria tras substituír no mesmo a Lara Meneses polo seu nomeamento como directora xeral de Xuventude.


Para os populares de Tomiño, esta nova remodelación confirma o modelo de aposta polo feísmo que os nacionalistas levan máis de catro lexislaturas estendendo por todo o municipio e que mesmo lles avergoña, xa que quedaron bloqueados cando a situación foi denunciada no pleno municipal: “É unha mágoa que o BNG, tras 17 anos espallando formigón por canta obra impulsou no noso concello durante este tempo, se incumpra así mesmo novamente malia o anunciado pola alcaldesa e vaia acometer unha aberración estética en Estás por unha simple cuestión económica”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.