MOS
A conselleira de Economía e Industria visita ao maior provedor da industria da automoción na rexión, a mosense Copo
Presentou as axudas, enmarcadas no Plan Director para promover a mellora tecnolóxica en toda a cadea de valor, acompañada da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou onte as instalacións do Grupo Copo en Mos acompañada pola alcaldesa da localidade mosense, Nidia Arévalo.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou a importancia do tecido industrial mosense, o 4º maior da provincia de Pontevedra, así como a relevancia do Grupo Copo dentro do mesmo, “que dá traballo a moitas familias de Mos, e é unha empresa da que estou enormemente orgullosa, encantada de que Copo Ibérica leve asentada 55 anos no noso municipio”, declarou a rexedora local mosense, e insistiu en que “o que necesitan as empresas como Copo son administracións públicas entregadas e traballando xuntas e da man, como neste caso Xunta de Galicia e Concello de Mos”.
Lorenzana anunciou un novo apoio de 4 m€ ao sector da automoción no marco do plan director para promover a mellora tecnolóxica en toda a cadea de valor e subliñou que con esta nova axuda, a Xunta leva activados 22 M€ para apoiar este sector declarado estratéxico polo Goberno galego na súa transición cara unha mobilidade sustentable. Para este segundo paquete de axudas, avanza a sinatura dun convenio de colaboración entre o Igape e o Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG) para a mellora de equipamentos e instalacións en innovación. Lembrou que xa está aberto o prazo para solicitar a liña de apoio extraordinario de 18M€ que permitirá cubrir tanto os custos de investimento en equipamentos ou elaboración de proxectos de futuro como os proxectos de renovables ou de aforro e eficiencia enerxética. O Goberno galego presentará a vindeira semana o borrador do Plan director da automoción cumprindo co compromiso para os cen primeiros días de mandato.
A conselleira realizou este anuncio no transcurso dunha visita ao Grupo Copo, o maior provedor da industria da automoción na rexión, e a quen agradeceu a súa aposta por Galicia. Cómpre lembrar que Copo conta con 9 plantas de produción entre Galicia, Aragón, Portugal, México, República Checa e Eslovaquia, así como tres centros teconlóxicos de I+D+i, un deles tamén en Galicia. E, ao fío, Lorenzana asegurou que o CTAG é un centro “crucial” para Galicia, para industrias como Copo e “para seguir sendo un centro de atracción para novas empresas”.
A conselleira de Economía e Industria tamén lembrou que onte se abriu o prazo para solicitar a liña de apoio extraordinario que promove o Igape para o sector e que, cun orzamento de 18M€, busca intensificar a colaboración coa automoción galega potenciando unha cadea de valor dixital, verde e resiliente, capaz de facer fronte aos retos que o sector ten por diante.
A nova liña de axudas, en concorrencia non competitiva, dá resposta ás situacións da industria da automoción de Galicia nesta transición. Para acadar a meta, o programa contribúe a facer fronte aos gastos das empresas este mesmo ano.
Así, para os proxectos de investimentos en equipamentos ou elaboración de proxectos de futuro, as axudas serán do 70%, cun máximo de 300.000 euros. E para actuacións en proxectos de aforro e eficiencia enerxética, os apoios van do 35% ao 55%, en función da tipoloxía de empresa, e ata o 65% para proxectos de enerxías renovables, establecéndose unha axuda máxima de 700.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá activo ata o 31 de outubro no caso dos proxectos de futuro e de investimento en equipamentos, e ata o 2 de setembro para as iniciativas centradas na eficiencia enerxética e nas renovables.
Ademais, a Xunta presentará a vindeira semana o borrador do Plan director da automoción, que recollerá as medidas, mecanismos e medios necesarios para reforzar un sector no que Galicia xa é un referente, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, captar novos investimentos e incrementar o emprego.
Deste xeito, a Xunta reforza a súa aposta por un sector fundamental da economía de Galicia ao representar máis do 13% do PIB, que suma máis de 200 empresas e preto de 25.000 empregos, e que conforma unha das cadeas de valor máis completas de Europa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22