Miércoles, 10 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 21 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
OIA

Turismo de Oia acolle a proxección audiovisual "Os curros da Groba, entre liberdade e ritual"

A oficina de turismo de Oia, situada no barrio histórico do Arrabal, acolle a proxección do audiovisual “Os curros da Groba, entre liberdade e ritual”, que poderá visitarse de mércores a domingo durante os meses de xullo e agosto.

 

 

Nesta peza, os profesionais do audiovisual Ana Belén Jarrín e Nacho Álvarez -ambos afincados en Oia- presentan unha montaxe de imaxes e sons que foi creada a partir de fotografías das paisaxes da Serra da Groba e dos curros que se celebran neste territorio.

 

O traballo ofrece unha mirada emotiva que se centra nos cabalos autóctonos e no seu medio natural. Cun deseño sonoro e gravacións directas dos mesmos lugares onde transcorre a acción, esta proposta quere subliñar a conexión entre o ser humano, o seu entorno e as tradicións. A obra narra o proceso ancestral da festa dos curros, recollendo a esencia deste ritual. A través de imaxes e sons explorase a fonda relación entre a natureza salvaxe e a cultura humana, destacando a beleza e maxestade da paisaxe da Serra da Groba.

 

O vídeo, dunha duración aproximada de 10 minutos, proxéctase de forma ininterrumpida durante o horario de apertura da oficina de turismo (de mércores a domingo de 10 a 14 horas), nunha sala acondicionada na primeira planta.

 

Paralelamente á proxección audiovisual, na planta baixa da oficina pódese visitar a exposición “Rizomas”, tamén obra de Ana Belén Jarrín. Neste caso, trátase dunha serie de fotografías creadas con capas superpostas de diferentes paisaxes.

 



Proxección audiovisual sobre a Serra da Groba: "Os curros da Groba, entre liberdade e ritual"
Curros da Valga, Mougás, Torroña e San Cibrán.
Exposición fotográfica "Rizomas"
Serie de fotografías creadas con capas superpostas de diferentes paisaxes.
Na oficina de turismo de Oia (Praza Centinela s/n) Datas:  Do 03/07 ao 31/08
Horario: Aberto de mércores a domingo de 10 a 16h.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.