Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 11 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Mos homenaxea á campioa das Olimpiadas Nacionais de FP de Xestión Hoteleira, Laura Pereira

Esta xoven veciña da parroquia de Cela, participará en setembro no Mundial, para o que xa se atopa adestrando por videoconferencia co seu profesor, Roi Álvarez, pois ela está actualmente a traballar en Barcelona

A mosense de 21 anos e natural da parroquia de Cela, Laura Pereira Ramilo, foi recibida esta semana procedente de Barcelona e tras uns días de descanso xunto á súa familia, pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, e demais membros da Corporación Municipal. O motivo do acto de recepción, celebrado no salón de sesións da Casa Consistorial, foi felicitala e homenaxeala pola victoria que obtivo o pasado mes de abril nas Olimpiadas Nacionais de Formación Profesional, Spainskills.

 


Tras a competición celebrada en Madrid, Laura marchou a traballar á Cidade Condal, e regresou agora uns poucos días a Mos para descansar e compartir cos seus familiares e amigos, para voltar esta mesma tarde a Bacelona e continuar a súa tarefa profesional no hotel de 4 estrelas da cadea Barceló no que está a traballar.


Laura Pereira estivo o pasado mes de abril en Madrid representando a Mos nas Olimpiadas Nacionais de Formación Profesional, na especialidade de Xestión Hoteleira/Recepción Turística e logrou a medalla de ouro.


Xa o pasado 27 de outubro de 2023 en Silleda fora tamén gañadora do 7º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills, e de ahí saiu elixida como representante para as Olimpiadas Nacionais.


O reto de Laura non acaba no logro nacional acadado en abril en Madrid, agora atópase xa adestrando para o Campionato Mundial, que segundo ela mesma explicou esta mañá “terá lugar do 8 ao 15 de setembro en Lyon, Francia, e estouno preparando a través de videochamadas co meu profesor”. De cara ao Mundial do próximo mes de setembro asegura que voltará “a traballar duro outra vez”. Laura quixo destacar e poñer en valor tamén o papel e o labor do seu titor e profesor no CIFP Manuel Antonio, Roi Álvarez.


Pereira Ramilo, quen apunta como o seu soño profesional poder ser directora dun hotel, destaca que “sempre souben que quería estudar Formación Profesional e descartaba a Universidade, tiña claro que quería formarme en algo relacionado co turismo porque me encanta a atención persoal, o contacto co público e me considero unha persoa moi sociable e empática”. Así mesmo asegura que “a preparación para estas Olimpiadas é dura e intensa, sempre compaxinándoa cos estudos, as prácticas ou o traballo”.  Deste xeito Laura adéstrase en chegadas e saídas de clientes, custes, reseñas e redes sociais… etc. para poder levar á cabo á perfección as probas que realiza nestas competicións e que xa a levaron a acadar as medallas de ouro autonómica e nacional.


Laura estudou Primaria no CEIP Atín-Cela a ESO e Bacharelato no IES de Mos e o FP Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos no CIFP Manuel Antonio de Vigo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.