Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 11 de Julio de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Feira do Libro muda o seu horario de domingo 
e adianta as presentacións de libros

Para que todas as persoas que así o desexen poidan desfrutar do partido da selección española sen perderse ningunha actividade da Feira do Libro de Ponteareas o Concello reaxusta a programación prevista para a tarde do domingo mantendo como estaba deseñada o resto da programación para hoxe día 11, 12, 13 e 14 de mañá.

 

 

O domingo pola tarde, a Feira do Libro de Ponteareas abrirá as súas portas ás 17:00 horas e pechará ás 20:30 horas. Todas as presentacións adiántanse unha hora, por este motivo ás 17:00 horas Luis Soto presentará “O segredo de Joseph Haydn” escrita con Suso de Toro que intervirá de xeito virtual. ÁS 18:00 horas será o recital “Claustro, corda, comensal” de Samuel Merino con Esme Quiroga e Fernán Permuy. Ás 19:00 horas terá lugar o encontro entre autor e personaxe cos “Os ollos de Iqbal choraban” no que  Alfonso Pexegueiro conversa co protagonista de “Mañana vino a verme la luna de los pájaros grandes”, acto co que se pechará esta nova edición da Feira do Libro de Ponteareas.

 

Para poder celebrar coa solemnidade que merece, o Concello de Ponteareas adía a presentación do libro “Fermín Bouza Brey”, da colección “Creadores ponteareáns” do Concello de Ponteareas que se celebrará nas vindeiras semanas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.