PONTEAREAS
Buena acogida de la primera fase del ARI de Ponteareas
Once propiedades solicitan las ayudas del área de Rehabilitación Integral (ARI) del Ayuntamiento de Ponteareas
Once propiedades solicitan as axudas da Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Concello de Ponteareas na súa primeira fase de implantación, así o informa a concelleira de Urbanismo, Silvia F. Táboas. “Nestes intres as tres primeiras propietarias e propietarios que teñen toda a documentación correcta recibiron a notificación da concesión da axuda e as outras restantes están en proceso de entrega de documentación solicitada para que Concello poida avaliar e resolver”, engade a concelleira.
A estes tres primeiros propietarios concedéuselle o 100% da axuda solicitada para rehabilitar edificios degradados do centro urbano. A Área de Rehabilitación Integral de Ponteareas engloba 518 vivendas nunha zona de 92.872 metros cadrados organizado arredor da Praza Maior e da Praza Bugallal e na que se inclúen a zona vella e algunhas edificacións contiguas.
“Estas axudas son unha oportunidade e apoio importante para a mellora de 74 edificios residenciais e 133 vivendas unifamiliares que requiren intervencións de mellora pero tamén reverte no resto da vila e da súa cidadanía ao restablecer a beleza das rúas máis degradadas e que deron orixe a Ponteareas”, salienta a alcaldesa, Nava Castro adiantando que o Concello ten aberto xa a segunda fase para presentar solicitudes.
A concelleira de Urbanismo recorda que o Concello de Ponteareas dispón dunha oficina ARI para asesorar e tramitar estas axudas que teñen como obxectivo recuperar barrios do centro urbano para a súa reactivación facéndoos máis atractivos para novos residentes, emprendedores e comerciantes.
“As solicitudes vanse resolvendo segundo se completa a entrega da documentación axeitada, pasando a estar no primeiro lugar da lista aqueles expedientes que teñan todos os documentos requiridos, podendo entón resolver o Concello”, aporta a F. Táboas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129