O alcalde de Tui ditou o 23 de setembro de 2024 unha resolución convocando unha sesión ordinaria do pleno corporativo que terá lugar o xoves 26 de setembro ás 20:00 horas no Salón de Sesións da Casa do Concello. En caso de non acadar o quórum esixido, convocarase unha segunda sesión dous días despois á mesma hora.
A orde do día incluirá os seguintes puntos:
Parte resolutiva:
- Aprobación do borrador da acta da sesión anterior, nº 8, do 31/07/2024.
- Declarar a nulidade da licenza urbanística para o proxecto de legalización de obras realizadas e rehabilitación dunha vivenda en Randufe, outorgada o 3 de novembro de 2017.
- Declarar a titularidade municipal do lavadoiro/fonte de Santo Domingo, situado na rúa Baixada ao Embarcadoiro en Tui.
- Designación dos festivos locais do Concello de Tui para o ano 2025.
- Bonificación do 50% do ICIO para obras de substitución de cuberta e lucernarios na rúa Ordóñez, 36.
- Bonificación do 50% do ICIO para a rehabilitación dun edificio na rúa Ouro, 10.
- Moción do BNG relativa á seguridade na estrada PO-342 nos tramos de Rebordáns e Ribadelouro.
- Moción do BNG sobre a situación dos conservatorios de música municipais.
- Moción do PP sobre a mellora do plan de emerxencia municipal.
Actividade de control:
- Liñas fundamentais do orzamento para o exercicio 2025.
- Avance da liquidación do orzamento xeral correspondente ao segundo trimestre de 2024.
- Informe de morosidade e PMP do segundo trimestre de 2024.
- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese da ADL correspondentes aos meses de maio a setembro de 2024.
- Dación de conta das resolucións ditadas entre o 21 de marzo e o 20 de setembro de 2024.
Rogos e preguntas para finalizar a sesión.
O pleno celebrarase con carácter público, polo que a cidadanía poderá asistir para coñecer os detalles das decisións que afecten ao Concello.