Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 01 de Noviembre de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño ofrece axuda inmediata á Generalitat Valenciana ante a emerxencia provocada pola DANA

O Concello do Porriño respondeu ao chamamento da Generalitat Valenciana, realizado a través da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ofrecendo axuda inmediata para afrontar a situación de emerxencia causada pola recente DANA no territorio valenciano. O goberno local puxo á súa disposición un completo equipo de apoio con recursos tanto materiais como humanos, orientado a reforzar as accións de rescate e asistencia.

 

 

O dispositivo de apoio inclúe un equipo de axentes da Policía Local, unha unidade de dron para tarefas de procura e monitorización, e un vehículo oficial completamente equipado para atender calquera necesidade urxente no terreo. Ademais, o concello ofrece bombas de achique autónomas, alimentadas con gasolina, para xestionar as inundacións en zonas de alto risco, e mobilizará unha autocaravana que servirá como posto de mando avanzado para a coordinación das tarefas de rescate.

 

En paralelo, o Concello impulsou unha campaña solidaria de recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene persoal, destinados a cubrir as necesidades das persoas afectadas. A cidadanía poderá colaborar esta fin de semana no Pavillón Municipal, habilitado para recoller doazóns o sábado 2 de novembro, de 10:00 a 22:30 h, e o domingo 3 de novembro, de 10:00 a 14:30 h. Todos os subministros recollidos serán enviados á Generalitat Valenciana, en colaboración coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias (FVMP), para a súa posterior distribución entre os afectados.

 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.