Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 23 de Noviembre de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas celebra o seu Pleno Infantil

 

Na semana na que se celebra o Día Mundial da Infancia, o Concello de Ponteareas realizou o seu pleno infantil, un evento no que se escoitaron as demandas e suxestións das nenas, nenos, mozas e mozos do municipio. A alcaldesa Nava Castro subliñou que este pleno non é a única vía de comunicación co goberno local, destacando que o programa Conecta Xoventamén se pon en marcha para recoller ideas e necesidades dos máis novos ao longo de todo o ano. "Estamos abertos a escoitarvos sempre, non só no pleno infantil, e para iso temos o Conecta Xoven, que nos axuda a deseñar unha vila amiga da infancia", comentou.

 

 

O salón de plenos da Casa do Concello foi o escenario no que a voz da infancia e da xuventude encheu a sala. Participaron no pleno representantes de diferentes centros educativos: Cecilia e Lucas (CEIP Feliciano Barrera), Mía e Brian (CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera), Casandra e Juan (CEIP Santiago Apóstol), Paula e Lea (CPR Plurilingüe La Inmaculada), Gabriel e Erea (CPR Plurilingüe Santiago de Oliveira), Hugo e Evelyn (IES Barral), Bibi e Mateo (IES Pedra da Auga), e Laura e Noela (IES Val do Tea).

 

Tamén tomaron a palabra o concelleiro de Xuventude, Cristian Estévez; a concelleira de Benestar Social, Raquel Planas; o concelleiro de Ensino, Ricardo González; os concelleiros da oposición, Manoel Ucha, Vanesa Fernández e Miguel Bouzó; así como a alcaldesa e parte do profesorado que asistiu como público.

 

Durante o pleno, os mozos e mozas trasladaron diversas propostas para mellorar a vila, como a creación de máis canles de participación como encontros programados ou unha aplicación para trasladar necesidades; melloras na accesibilidade, como unha pasarela para o IES Barral e un pavillón multifuncional para o CEIP Feliciano Barrera; melloras na infraestrutura, como a pavimentación e sinalización de accesos aos centros; a creación de murais colaborativos; a instalación dun complexo de piscinas públicas abertas ao exterior; programas de apoio para a saúde mental; e un redeseño dos métodos de participación xuvenil.

 

As concelleiras e concelleiros da Corporación eloxiaron as intervencións do alumnado, destacando a importancia das súas propostas e o talento amosado na súa exposición. "A infancia é fundamental para este goberno. Queremos darlles voz e potenciar a súa participación. Xuventude e infancia son o presente e tamén o futuro, e por iso apostamos pola súa formación, polo apoio á súa inserción no mercado laboral e por unha programación de lecer e formación que se adapte ás súas necesidades", afirmou a alcaldesa Nava Castro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.