Martes, 16 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 30 de Noviembre de 2024 Tiempo de lectura:
Nigrán

A Xunta confirma un investimento de 441.000 euros para renovar o obradoiro dual Coidando o Miñor

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, clausurou esta semana a segunda edición do obradoiro Coidando o Miñor III que permitiu formar durante o último ano a 20 persoas desempregadas e confirmou un investimento de 441.928 euros por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para reeditar unha edición máis un curso que promove Gondomar, xunto con Baiona en Nigrán.

 

 

A representante autonómica, que estivo acompañada polos alcaldes de Gondomar, Francisco Ferreira; de Nigrán, Juan González, e de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, animou aos participantes a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as posibilidades de atopar un traballo. “A formación que recibides durante o último ano son unha ventá ao mercado de traballo e tanto a comarca como o resto de Galicia, a sociedade e as empresas, necesitan xente formada, aí é onde tedes a vosa oportunidade”, destacou.

 

Ortiz confirmou que haberá unha nova edición do obradoiro e que a Xunta investirá 3,9 millóns en 2025 para un total de dez cursos na área de Vigo. No caso concreto de Coidando o Miñor III, os participantes recibiron desde novembro de 2023 a novembro de 2024 formación nas especialidades de atención sociosanitaria en domicilio e institucións, limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, xestión de residuos urbanos e limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.

 

Ademais, a delegada indicou que xa están aprobadas novas achegas para repetir en 2025 con Vigo Capacita X e o IV Obradoiro Forestal Montes de Vigo, a través da Mancomunidade de Montes. Tamén Mos promoverá a iniciativa Queda en Mos III; Salceda de Caselas contará co curso Recuperación do Legado Patrimonial; Salvaterra de Miño terá o Salvaterra Emprega IV; Cangas celebrará Granxa da Rúa XIII; Redondela, o obradoiro Polo Mar de Redondela; O Porriño desenvolverá o obradoiro Porriño Humaniza, e Moaña o taller Labora Hostalería.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.