GALICIA
A Xunta licita o venres proxectos para crear solo para 15.000 vivendas
A conselleira avanzou os primeiros ámbitos onde se desenvolverá vivenda a través dos PIA en Vigo, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Lugo, Ourense e Arteixo
A Xunta licitará este venres 29, por un importe de 2,6M€, a redacción dos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) para o desenvolvemento de solo residencial para as primeiras 15.000 vivendas previstas na Estratexia Galega de Solo Residencial, concretamente nos concellos de Vigo, Pontevedra, Santiago, Ourense, Lugo, Coruña e Arteixo. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo, e o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, deu a coñecer hoxe os ámbitos destes concellos onde se desenvolverá solo, cunha superficie total de 1,5 millóns de metros cadrados, e cunha previsión de iniciar no 2028 as obras de urbanización nas parcelas onde se construirá vivenda.
M. Allegue lembrou que a Estratexia Galega de Solo Residencial, aprobada polo Consello da Xunta en xuño deste mesmo ano, prevé desenvolver solo para 25.000, das que 20.000 serán protexidas e 5.000 libres. “Unha estratexia -subliñou a conselleira- que permitirá seguir construíndo vivenda de xeito continuo nos vindeiros anos. Porque somos conscientes da inquedanza que produce nas familias, nos mozos, a falta de vivenda. E como administración debemos garantir o acceso a unha vivenda digna, a un prezo accesible”.
A Xunta dá un novo paso no marco da primeira fase da Estratexia coa determinación dos ámbitos urbanísticos nos que se construirán estas primeiras vivendas e a licitación da redacción dos PIA, baixo os que se tramitará o solo e a adquisición dos terreos. Esta licitación, que foi aprobada no Consello da Xunta o pasado luns, inclúe a redacción dos proxectos de interese autonómico, do proxecto de expropiación e de parcelamento para a obtención de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas protexidas nos citados concellos.
En concreto, o solo que vai urbanizar a Xunta terá capacidade para aproximadamente 15.110 novas vivendas. Por concellos, urbanizarase solo para aproximadamente 3.460 vivendas en Santiago; 4.310 na Coruña; 160 en Arteixo; 1.200 en Lugo; 1.640 en Ourense; 2.040 en Pontevedra e 2.300 en Vigo. No caso da cidade compostelá, o ámbito escollido sitúase no solo urbanístico de Mallou, mentres que na Coruña elixiuse solo en Monte Mero; en Arteixo en Baiuca-Penouqueira; en Lugo no barrio Sagrado Corazón; en Ourense na zona Escorial-Vinteún; no concello de Pontevedra hai dous solos en San Mauro e, por último, en Vigo desenvolverase solo na zona do Ofimático.
Como explicou a conselleira, estes ámbitos foron escollidos tras os contactos mantidos pola Xunta cos concellos para identificar zonas de solo sen desenvolver para seren xestionadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo. Tras a oferta realizada polos concellos, realizáronse os estudos de viabilidade para determinar os espazos onde actuar.
A estes solos, como lembrou M. Allegue, súmanse os que xa están en execución “e estanse estudando outros ámbitos para a licitación da redacción dos correspondentes PIAs e proxectos”.
A conselleira quixo destacar que a opción da tramitación dos solos a través destes Proxectos de Interese Autonómico “permitirá reducir á metade a burocracia e os trámites administrativos, co que acadamos unha execución máis rápida”. Neste senso, lembrou que no marco das medidas extraordinarias incluídas na Lei de acompañamento aos orzamentos de 2025, o Goberno galego introduciu melloras nesta figura para axilizar estas actuacións de creación de solo residencial de promoción pública “co fin de reducir á metade os prazos de emisión de informes autonómicos e poder simultanear as obras de urbanización e edificación dos futuros inmobles”.
Folla de ruta
Deste xeito, a previsión da Xunta é ter adxudicados os contratos de redacción dos proxectos ao longo do vindeiro 2025, a fin de aprobar os PIA en xullo do 2026 e iniciar a continuación o proceso de expropiacións, entre ese ano e o 2027. Os proxectos de urbanización redactaranse entre febreiro e novembro de 2026 e, finalmente, as obras de urbanización comezarán no 2028.
Políticas de vivenda
O Goberno galego está inmerso na execución da primeira fase da Estratexia Galega de Solo Residencial, que inclúe a planificación e determinación dos ámbitos urbanísticos nos que se construirán as vivendas, os acordos cos concellos, así como a tramitación dos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) baixo os que se tramitará o solo e a adquisición dos terreos. Nunha segunda fase levarase a cabo a urbanización, a comercialización das parcelas e a execución das edificacións.
Ademais desta Estratexia Galega de Solo Residencial, a Xunta está a axilizar a construción de vivenda de promoción pública co compromiso de duplicar ao longo desta lexislatura o parque público residencial, coa construción de 4.000 novas vivendas. Desta cifra, M. Allegue subliñou hoxe que xa están en marcha máis de 1.600.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129