Jueves, 11 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 02 de Diciembre de 2024 Tiempo de lectura:
Oia

A Deputación de Pontevedra destina 165.000 euros á mobilidade peonil en Oia

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou a aprobación dun novo convenio co Concello de Oia, a través do cal se destinarán 165.000 euros para mellorar a mobilidade peonil na estrada provincial EP-2202 Baiona - Loureza, no municipio de Oia. Deste orzamento, a Deputación financiará o 80%, é dicir, máis de 130.000 euros, e o Concello achegará o 20% restante, ademais do importe resultante das expropiacións, que ascende a case 35.000 euros.

 

 

As obras previstas nesta vía provincial ao seu paso polo municipio de Oia inclúen a creación dun itinerario peonil de 170 metros de lonxitude á altura do quilómetro 17, cunha senda peonil de formigón coloreado de 2,50 metros de ancho pola marxe esquerda da estrada. Para a súa execución, será necesario construir muros de sostemento. Ademais, está prevista a pavimentación da calzada no tramo da actuación, a renovación da rede de drenaxe, a instalación dun novo paso de peóns sobreelevado, a creación dunha zona verde, a renovación do alumeado público e a colocación de mobiliario urbano, entre outras melloras.

 

“Este ano xa desenvolvemos nesta mesma estrada obras de mobilidade e seguridade no seu tramo inicial, situado no concello de Baiona. Agora, seguimos avanzando nas melloras da vía e tamén na seguridade dos veciños e veciñas de Oia”, explicou Luis López. As obras no tramo de Baiona contaron cun investimento de 120.000 euros, e inclúen a ampliación das beirarrúas, a renovación do pavimento e melloras na sinalización viaria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.