Galicia
O Goberno galego destina máis de 74,5 millóns á adquisición de medicamentos innovadores
A Xunta aprobou a contratación de novos medicamentos para tratar a esclerose múltiple, o VIH e patoloxías inflamatorias respiratorias e dermatolóxicas. Esta medida suporá un investimento total de 74,7 millóns de euros no primeiro ano, con opción a prórrogas que poderían alcanzar os 302 millóns ao longo de catro anos.
O primeiro contrato, dotado con máis de 20 millóns de euros, está destinado a tratamentos avanzados para a esclerose múltiple, incluíndo anticorpos monoclonais e fármacos orais que reducen brotes e atrasan a discapacidade. En canto ao VIH, o Goberno galego investirá 39,5 millóns en antirretrovirais que melloran a calidade de vida e reducen a transmisión da infección, beneficiando a máis de 6.300 pacientes do Servizo Galego de Saúde. Por último, destinaranse 15,1 millóns á adquisición de tratamentos fronte a inflamacións crónicas de tipo respiratorio e dermatolóxico.
Incorporación de innovacións terapéuticas
Estes contratos inclúen sete novos medicamentos que representan os últimos avances no tratamento destas enfermidades. Entre eles destacan tres novos fármacos antirretrovirais, dous para a esclerose múltiple e outros dous para patoloxías inflamatorias graves.
A duración inicial dos contratos será dun ano, con opción de prórroga por tres máis, o que permite garantir unha atención de calidade e accesible a través do sistema público galego. Estas iniciativas reafirman o compromiso da Xunta coa saúde da cidadanía mediante o acceso ás terapias máis avanzadas e efectivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188