MUNDO EMPRESA
A Xunta impulsa microformacións sectoriais para cualificar máis de 17.000 persoas traballadoras
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, financiará microformacións deseñadas por clústers de nove sectores estratéxicos da economía galega. Cun investimento de 7,5 millóns de euros, está previsto que ata marzo de 2025 máis de 17.100 persoas participen nun total de 550 cursos prácticos e de curta duración.
Estas accións formativas, orientadas tanto a persoas ocupadas como desempregadas, están adaptadas ás necesidades específicas de sectores clave como o naval, o metal, as enerxías renovables ou as TIC. Exemplos de formación inclúen soldadura robotizada, programación avanzada ou especialización en vehículos híbridos e eléctricos.
A formación será impartida polos propios clústers, garantindo a súa eficacia e alineación coas demandas reais do mercado laboral. A Xunta busca, así, mellorar a competitividade empresarial e fomentar a empregabilidade, á vez que segue reclamando ao Goberno central unha maior flexibilidade na xestión dos fondos para formación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129