Jueves, 30 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 05 de Diciembre de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

Mos celebra o compromiso do voluntariado no seu Día Internacional

O Pazo de Mos acolleu hoxe un emotivo acto organizado pola concellería de Política Social para render homenaxe ás 79 persoas que forman parte do voluntariado mosense. Coincidindo co Día Internacional das Persoas Voluntarias, o evento destacou o papel esencial destas persoas na axuda á comunidade e incluíu un recoñecemento especial aos seis voluntarios que viaxaron a Valencia para colaborar cos afectados pola Dana.

 

 

O acto contou coa presenza da alcaldesa, Nidia Arévalo, e de membros do equipo de goberno local, como os concelleiros Camilo Grandal, Sara Cebreiro, Leo Costas, Julia Loureiro, Laura Méndez e Evaristo Ucha. Durante a homenaxe, destacouse a ampla rede de voluntarios de Mos, organizada en diversas agrupacións como Mos Axuda, Voluntariado Xuvenil, Senior e Interxeracional, así como no ámbito dixital e en emerxencias. A Agrupación de Protección Civil, que celebra 30 anos de traxectoria, tamén foi protagonista do recoñecemento.

 

[Img #92636]

 

Un dos momentos máis significativos foi a intervención de Carlos Costas Rodríguez, membro do GES de Mos, quen compartiu a súa experiencia nos labores de apoio en Valencia tras o paso da Dana. Lembrouse ademais a solidariedade de Mos, que enviou ás zonas afectadas tres tráilers de axuda con alimentos, roupa e materiais de primeira necesidade, xunto con 11 xeradores e 34 microondas novos.

 

[Img #92635]

 

A alcaldesa pechou o acto cunhas palabras de agradecemento ao voluntariado e á cidadanía, resaltando que “Mos é un pobo entregado e solidario, onde sempre hai unha man disposta a axudar”. Arévalo asegurou que a rede de colaboración veciñal é un exemplo de humanidade e compromiso.

 

[Img #92634]

 

[Img #92633]

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.