Vigo
A Xunta licita a urbanización do ámbito PS-6 no Campus do Mar
Consello da Xunta aprobou a contratación das obras de urbanización do ámbito PS-6, nos terreos da antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada (ETEA) en Vigo, cun orzamento superior aos 4,8 millóns de euros. Esta actuación busca desenvolver unha área de usos dotacionais, terciarios e residenciais no marco do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar.
O proxecto afecta unha superficie de 21.199 m², situada entre as instalacións deportivas e a Praza de Armas, e contará cun prazo de execución de 15 meses. A urbanización permitirá tamén a construción dunha residencia da terceira idade, financiada pola Fundación Amancio Ortega, que será xestionada posteriormente pola Xunta de Galicia.
O Campus do Mar, situado ao nordeste da cidade de Vigo, na parroquia de Teis, abrangue as instalacións da antiga ETEA, cunha extensión total de 115.050 m². Este proxecto reforza o compromiso do Goberno galego coa mellora das infraestruturas científicas, tecnolóxicas e sociais da cidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217