Domingo, 07 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 18 de Diciembre de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López resalta o impacto do proxecto Praias sen límites para avanzar en turismo inclusivo

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salientou a importancia do proxecto Praias sen límites. Experiencias turísticas atemporais para reducir a estacionalidade como ferramenta clave para avanzar na construción de destinos turísticos máis innovadores e versátiles. Durante a segunda xuntanza do proxecto, celebrada no Pazo provincial tras un primeiro encontro en Almería, estiveron presentes representantes da Costa do Sol, a entidade de promoción turística de Lanzarote, a empresa municipal Almería Turística, a empresa municipal de turismo de Santander e a propia Deputación de Pontevedra.

 

 

López destacou que a experiencia acumulada polos destinos participantes contribuirá a mellorar e transformar as costas, converténdoas en destinos que ofrezan vivencias únicas ao longo de todo o ano. "As nosas costas poderán consolidarse como espazos de experiencia por si mesmas, grazas a iniciativas vinculadas aos deportes náuticos, o sendeirismo ou mesmo como lugares para observar estrelas e vivir novas emocións", afirmou.

 

O proxecto contempla a creación dunha web para a xestión de experiencias en destinos de sol e praia; obradoiros de concienciación turística en escolas; un estudo nacional e internacional sobre estratexias desestacionalizadoras; premios nacionais para traballos universitarios sobre novas experiencias turísticas e campañas de marketing e difusión.

 

Praias sen límites abrangue todo o litoral español —Mediterráneo, Cantábrico e Atlántico— e conta cun financiamento europeo de 700.000 euros, dos que a Deputación de Pontevedra xestiona 120.000. Este apoio económico permitirá fomentar o turismo os 365 días do ano, potenciando experiencias na temporada baixa, valorando o patrimonio material e inmaterial e ampliando a promoción internacional das costas.

 

A Deputación de Pontevedra coordinará accións específicas como o desenvolvemento de espazos para o turismo familiar e para desfrutar das praias con mascotas, ademais da creación de rutas de sendeirismo costeiro que exploren a beleza natural da provincia e impulsen o turismo activo en contornas singulares.

 

A xuntanza das entidades participantes no proxecto comezou onte e finalizará mañá martes. Ademais das sesións de traballo, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer algúns dos atractivos turísticos da provincia e os proxectos costeiros liderados pola Deputación, como as actuacións no xacemento da Lanzada.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.