TURISMO
A Xunta presenta ao sector turístico a proposta termal ‘Galicia: Spa Pilgrimage in Spain’
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta semana nunha xornada de traballo da Área Termal do seu departamento co sector turístico, destacando que a Comunidade galega conta con 21 balnearios, que representan o 20% da oferta termal do Estado, e que xeran preto de 3.000 prazas vinculadas ao turismo de saúde.
A xornada tamén serviu para presentar ao sector o proxecto impulsado por Turismo de Galicia titulado ‘Galicia: Spa Pilgrimage in Spain’, "unha proposta de viaxe saudable baseada en dous dos nosos grandes signos de identidade: o Camiño e os balnearios, orientada ao coidado e benestar do peregrino", explicou Xosé Merelles.
"Galicia xerou unha infraestrutura moderna e diversificada de establecementos balnearios e talasos", subliñou o director de Turismo de Galicia, engadindo que o sector xera uns 15.000 empregos directos e 4.000 indirectos. Ata o mes de setembro de 2024, os establecementos hoteleiros con talaso e/ou balnearios acumularon un total de 117.793 viaxeiros e 327.397 noites.
Coñecendo o potencial da Comunidade galega neste ámbito, Xosé Merelles lembrou que desde Turismo de Galicia se está traballando na elaboración do Plan Termal, que será presentado proximamente, e adiantou que se están ultimando as liñas de axudas de 8 millóns de euros para a mellora e creación de infraestruturas termais e balnearios en Galicia.
Durante a xornada, tamén se compartiron co sector as accións de promoción da oferta termal realizadas por Turismo de Galicia, especialmente no mercado americano. Entre outras actividades, presentáronse as conclusións da participación de técnicos do departamento no Congreso Internacional de Saratoga Springs (Nova York), celebrado en outubro pasado, e organizado polo Itinerario Europeo de Cidades Termais Históricas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188