Martes, 16 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 04 de Enero de 2025 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no pavillón municipal

A choiva non impedirá que Melchor, Gaspar e Baltasar cheguen ao Porriño para compartir un momento máxico coas nenas e nenos da localidade. O Concello do Porriño confirma que, tal como estaba previsto, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente estarán na vila o vindeiro 5 de xaneiro. Debido ás previsións meteorolóxicas, a recepción trasladarase ao pavillón municipal (pista principal), garantindo así que todas as familias poidan disfrutar deste evento de maneira segura e cómoda.

 

 

A tradicional cabalgata non se poderá realizar debido á chuvia, pero a comitiva real, composta por 120 persoas, chegará ao pavillón no Tren do Nadal, acompañada pola carroza do Metro de Madrid. Tamén participarán as rondallas locais, que se encargarán de amenizar a espera das/os máis pequenas/os. A Rondalla de Pontellas, a Rondalla Santa Eulalia de Atios e a Rondalla Santa María do Porriño ofrecerán as súas actuacións a partir das 17:30 h.

 

A recepción das cartas dos nenos e nenas será un dos momentos destacados, e as Súas Maxestades farán realidade os desexos de todos os asistentes. Desde o Concello, convidan a todas as familias a participar desta xornada especial e disfrutar dunha tarde máxica coas Súas Maxestades.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.