Hoxe celebrouse no Pazo de Mos unha nova sesión informativa destinada ás parroquias de Louredo e Mos para abordar o rexeitamento ao novo trazado da A52, proposto polo Ministerio de Transportes e Mobilidade. Este proxecto, que afecta de maneira significativa ao territorio mosense, xerou unha forte oposición por parte da veciñanza e das autoridades locais.
Afección ao territorio
O proxecto contempla a ocupación de máis de 18.000 metros cadrados de solos industriais, a afectación a 100 edificacións e a interrupción de oito traídas de augas, ademais de prexudicar o desenvolvemento urbanístico de cinco áreas do municipio.
Coordinación institucional e cidadá
A alcaldesa, Nidia Arévalo, xunto con membros do goberno local, representantes do BNG e do PP, técnicos municipais e a plataforma DefendeMos, lideran a defensa do territorio. Denuncian que o estudo de alternativas é incompleto e que prioriza os intereses do PXOM de Vigo, sen considerar o PXOM de Mos aprobado en 2017.
Alternativa proposta
A principal demanda pasa pola liberación da peaxe da AP9 no Porriño, unha medida menos lesiva para o territorio e que permitiría aproveitar unha infraestrutura xa existente cun baixo volume de tráfico.
A próxima semana continuarán as reunións informativas para as parroquias de Torroso, Guizán, Dornelas e Cela, completando así o ciclo de encontros co obxectivo de garantir unha información clara e ofrecer apoio na presentación de alegacións.
Toda a documentación sobre o proxecto e os modelos de alegacións están dispoñibles na web do Concello de Mos: www.mos.es.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168