Domingo, 28 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 08 de Febrero de 2025 Tiempo de lectura:
MOS

Cara a cara de Nidia Arévalo co Ministro Óscar Puente sobre a gratuidade da AP9 e contra a nova A52

 

A alcaldesa de Mos, senadora por Pontevedra e portavoz adxunta no Senado, Nidia Arévalo, interpelará ao Ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, no Pleno da Cámara Alta o vindeiro martes, 11 de febreiro. A súa interpelación estará centrada en coñecer os criterios que aplica o Goberno Central á hora de decidir que vías da Rede Nacional de Carreteras rescata e que peaxes das Autopistas do Estado liberaliza.

 

 

A rexedora estará acompañada por un nutrido grupo de veciños e veciñas de Mos, que se desprazarán ata Madrid para presenciar a súa interpelación ao Ministro Puente no Senado.

 

Durante a Comisión de Seguemento contra a nova A52 celebrada no Concello de Mos, Arévalo destacou as palabras do Ministro Óscar Puente, que recoñece "equivocacións" e propón unha "colaboración institucional", o que, segundo a alcaldesa, sinala que se están facendo as cousas ben e que os seus esforzos comezan a dar os seus froitos.

 

Arévalo reiterou que o Goberno Central debe actuar sobre dúas demandas principais: a gratuidade da AP9, en especial no tramo Puxeiros-Porriño, e a paralización do proxecto da nova autovía A52, que considera "enormemente destructivo", especialmente para Mos e a parroquia viguesa de Bembrive.

 

A alcaldesa de Mos confía en que as palabras do Ministro se transformen nun compromiso real para solucionar os problemas de infraestruturas que afectan á súa comunidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.