REDONDELA
O nadador Xosé Ferreira recibe o recoñecemento “Orgullo redondelán”
O veterano nadador Xosé Ferreira foi recoñecido a pasada semana co diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de Redondela, entregados pola alcaldesa Digna Rivas, polos seus éxitos no ámbito deportivo.
O deportista do Club Natación Redondela, que estivo acompañado de familiares e compañeiros, acadou grandes logros recentemente, como unha medalla de ouro, prata e dous bronces no Campionato Galego Máster de Inverno. Estes éxitos suman aos conseguidos en 2024, incluíndo o título de campión galego en 400 metros libres. Tanto a alcaldesa como o concelleiro de Deportes, Iván Valles, destacaron a traxectoria exemplar de Ferreira, que iniciou a súa carreira no fútbol e fútbol sala antes de destacar na natación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60