Martes, 28 de Octubre de 2025

Días de este evento:
Día Jueves, 27 de Febrero de 2025

SALCEDA DE CASELAS

Pleno ordinario en Salceda de Caselas

O Concello de Salceda de Caselas celebrará unha sesión ordinaria do pleno municipal o vindeiro xoves, 27 de febreiro de 2025, ás 20:30 horas no salón de sesións da Casa do Concello.

Na orde do día inclúese a aprobación da acta anterior, o recoñecemento extraxudicial de créditos e a aprobación de proxectos como a mellora da pavimentación no Coto da Revolta, en Parderrubias. Tamén se tratarán asuntos como a modificación da Relación de Postos de Traballo, a aprobación definitiva da Ordenanza Municipal de Circulación e a rectificación do inventario de bens municipais.

 

 

Ademais, abordaranse diversas mocións dos grupos políticos, entre elas dúas do BNG sobre mobilidade e a celebración do Ano Castelao 2025, e tres do PP sobre a urbanización da contorna do IES Pedras Rubias, a declaración do Ano Castelao e o Día Internacional das Mulleres.

 

O pleno será de acceso público ata completar aforo e retransmitirase en directo a través da web do Concello

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.