Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 08 de Marzo de 2025 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Festa do Caldo Galego de Mourente reafírmase como un reclamo turístico nas Rías Baixas

O salón de plenos do Pazo provincial acolleu este sábado a tradicional cerimonia de imposición de capas ás novas donas e cabaleiros da Orde do Caldo Galego de Mourente. O evento puxo en valor a importancia desta celebración gastronómica como un atractivo turístico que reforza o posicionamento das Rías Baixas como destino desestacionalizado ligado á cultura e á gastronomía.

 

 

Durante o acto, Antonio Reguera, presidente da Orde do Caldo Galego, deu a benvida aos asistentes antes da imposición de capas aos novos confrades: Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade e deputado provincial; Micaela Martínez Benavente, xerente territorial do Catastro en Pontevedra; Demetrio Gómez, concelleiro de Festas e Cultura do Concello de Pontevedra; Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego da Xunta de Galicia; e Xosé Álvarez Castro, historiador e escritor. A cerimonia contou tamén coa intervención de Fernando Silva, presidente da Confraría Luso Galaica, e Anabel Gulías, confrade da Orde e concelleira no Concello de Pontevedra.

 

A celebración destacou a relevancia do caldo galego como parte do patrimonio cultural e gastronómico da provincia, así como a súa capacidade para atraer visitantes en calquera época do ano. Durante os discursos institucionais, recoñeceuse o labor das persoas que manteñen viva esta tradición, especialmente das mulleres, cuxo papel foi fundamental na transmisión desta receita ancestral.

 

O evento rematou coa interpretación do himno galego a cargo do grupo de gaitas Los Alegres de Mourente e cun chamamento á cidadanía para continuar gozando desta festa gastronómica que, como ocorre coas Rías Baixas, sempre invita a repetir.

 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.