Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 06 de Mayo de 2025 Tiempo de lectura:
O Porriño

O Porriño impulsa a profesionalización da mocidade no sector do tempo libre

O Concello do Porriño, a través da OMIX, lanzou para este 2025 dous cursos oficiais destinados a formar Directores/as e Monitores/as de Tempo Libre, co obxectivo de capacitar á mocidade para traballar en ámbitos como campamentos, ludotecas e outros espazos de lecer. As formacións, impartidas por Avada S. Coop. e a Escola de Tempo Libre Scolé, desenvolveranse no Centro Cultural Municipal en formato intensivo e semipresencial.

 

 

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia desta iniciativa para facilitar o acceso ao mercado laboral nun sector en crecemento e con alta demanda de profesionais cualificados. “Queremos dotar á nosa mocidade das ferramentas necesarias para acceder a oportunidades laborais no eido do lecer”, sinalou.

 

O curso de Director/a de Tempo Libre, homologado pola Xunta de Galicia, consta de 150 horas teóricas (80 presenciais e 70 en liña) e outras 150 de prácticas. As sesións presenciais terán lugar entre o 12 de maio e o 1 de xuño, e capacitará aos participantes para coordinar actividades en todo o territorio nacional.

 

Pola súa banda, o curso de Monitor/a ofrecerá 200 horas teóricas (100 presenciais e 100 en liña) e 150 horas prácticas, coas sesións presenciais programadas entre o 16 e o 27 de xuño. O concelleiro de Xuventude, Antonio Barros, subliñou que o obxectivo é que os mozos e mozas conten cunha formación certificada que lles permita traballar en diversos espazos educativos e de lecer.

 

As inscricións xa están abertas a través da web do Concello e das súas redes sociais, con prazos límite o 8 de maio para Directores/as e o 9 de xuño para Monitores/as. Terán prioridade os empadroados no municipio.

 

Esta iniciativa reforza o compromiso do Concello coa educación non formal e o fomento do talento xuvenil, combinando formación profesional coa promoción de valores como a responsabilidade, a creatividade e a participación social.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.