Jueves, 08 de Octubre de 2026

Actualizada Jueves, 08 de Octubre de 2026 a las 12:55:52 horas

Xornal21.es
Lunes, 12 de Mayo de 2025 Tiempo de lectura:
CULTURA

Play-Doc 2025 premia Deuses de pedra e 7 promenades avec Mark Brown

 

O Festival Internacional de Cinema de Tui, Play-Doc, pechou a súa 21ª edición cun palmarés que reflicte a diversidade e a sensibilidade cinematográfica da súa programación. O filme Deuses de pedra, dirixido por Iván Castiñeiras, alzouse co premio da Competición Galega, mentres que 7 promenades avec Mark Brown (7 paseos con Mark Brown), de Pierre Creton e Vincent Barré, foi o gran gañador da sección internacional.

 

 

O xurado internacional, formado polo cineasta C.W. Winter, o distribuidor Pascale Ramonda e o produtor Pierre-Emmanuel Finzi, destacou o filme francés pola súa “lixeireza, delicada elegancia e refinamento”, así como por ser unha “poética modernista para os nosos tempos”. Segundo os membros do xurado, trátase dunha película “na que un quere vivir, deitarse e revolcarse. Un agasallo para o cine e para o público”.

 

Na mesma sección, o xurado outorgou unha mención especial a La chambre d’ombres (O cuarto de sombras), de Camilo Restrepo, eloxando o seu “dominio dos elementos fundamentais do cine” e cualificándoo como “un cineasta de cineastas” que ofrece “o traballo dun verdadeiro artesán”.

 

Na Competición Galega, o premio principal foi para Deuses de pedra, de Iván Castiñeiras, que o xurado —integrado por Ana Domínguez, Michael Wahrmann e Silvia Fuentes— describiu como “un traballo sensible que rompe as fronteiras formais e simbólicas para retratar a orfandade dun territorio en proceso de desarraigamento”. Subliñaron tamén a “persistencia cinematográfica” do autor na súa ópera prima.

 

Ademais, o xurado galego concedeu unha mención especial a Un dragón de cen cabezas, de Helena Girón e Samuel M. Delgado, pola súa capacidade de “plasmar unha mirada irreverente sobre o mito e o cine” mediante “a plasticidade das imaxes e a inversión do protagonismo”.

 

O festival Play-Doc, consolidado como un dos referentes do documental e do cinema de autor no panorama internacional, volve así a demostrar o seu compromiso coa vangarda cinematográfica e co talento galego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
18.97.14.84

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.