ESPECIAL MAR
Galicia inviste 12,3 millóns en formar á nova xeración do mar
A rede galega de centros náutico-pesqueiros bate récords de alumnado e proxección internacional.
A Consellería do Mar reforza a súa aposta pola formación marítimo-pesqueira cun investimento de 12,3 millóns de euros destinados á rede autonómica de centros especializados, convertendo a Galicia nunha referencia estatal e internacional neste ámbito.
No presente curso académico, máis de 500 persoas están matriculadas nos ciclos medios e superiores das ramas de Ponte, Máquinas, Acuicultura e Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas, o que supón un incremento do 3 % respecto ao curso anterior e a maior cifra desde o 2018.
![[Img #95908]](https://xornal21.com/upload/images/05_2025/7637_formacionxunta-11.jpg)
O sistema formativo galego estrutúrase arredor de catro centros clave: o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico ( Ipmpa ), en Vigo; as escolas náutico-pesqueiras de Ribeira e Ferrol; e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), na Illa de Arousa. Tanto o Ipmpa como o Igafa están recoñecidos como Centros de Referencia Nacional (CRN), sendo pioneiros a nivel estatal.
A oferta regrada inclúe títulos como Patrón de Altura, Mecánico Maior Naval, Patrón de Litoral, Mecánico Naval, Cultivos Acuícolas e o ciclo superior de Acuicultura. Ademais, destaca a recente homologación internacional do ciclo de Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas polo IMCA, que sitúa ao Igafa como o primeiro centro público en España con esta acreditación, facilitando a inserción internacional do seu alumnado.
A formación non regrada tamén cobra peso, con máis de 1.200 persoas formadas ao longo de 2024 en 102 accións específicas: desde mariñeiro pescador ata formación sanitaria ou patrón costeiro polivalente. Máis de 220 mulleres participaron nestes cursos, promovendo a igualdade nun sector tradicionalmente masculinizado.
![[Img #95909]](https://xornal21.com/upload/images/05_2025/9621_formacionxunta-16.jpg)
A inserción laboral é unha das fortalezas destes centros. No Igafa, o ciclo de mergullo técnico conta cunha demanda elevada e unha inserción do 100 %. Este centro ofrece ademais formación complementaria en mergullo profesional, soldadura, mecánica ou primeiros auxilios. Actualmente, 97 persoas cursan formación regrada en acuicultura e mergullo, das cales o 37 % son mulleres.
Pola súa banda, o Ipmpa destaca pola súa infraestrutura avanzada: obradoiros de motores, simuladores de navegación e comunicación, e mesmo un planetario único en España para uso formativo. Ata 70 estudantes realizarán prácticas embarcados en buques pesqueiros nos caladoiros de Terranova, Malvinas, África ou Gran Sol. En total, estímase que arredor de 220 novos profesionais —79 da rama de Ponte e 104 de Máquinas— se incorporen ao sector ao remate deste curso.
O Goberno galego tamén colabora coas entidades do sector mediante unha orde de axudas bianual de 1,5 millóns de euros, que financia cursos impartidos por confrarías e organizacións como as de Ribeira, Noia, Burela, Lira ou a Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo. Ao longo de 2024, están previstos 97 cursos ao abeiro desta liña, tras os 20 xa realizados por 6 entidades con 273 participantes.
![[Img #95910]](https://xornal21.com/upload/images/05_2025/4181_formacionxunta-13.jpg)
Este esforzo coordinado busca garantir a remuda xeracional e consolidar o liderado da frota galega nos mares do mundo, asegurando que as novas xeracións de profesionais do mar conten coa mellor preparación posible. Galicia aposta polo futuro dun sector esencial, cun modelo formativo que xa é exemplo para o resto de España e Europa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129