REDONDELA
Protesta en Cesantes contra a festa de bachata en San Simón por falta de respecto ao lugar de memoria
A organización da festa de bachata que se celebra en San Simón está a ser cuestionada pola súa actitude, considerada por colectivos memorialistas como unha falta de respecto ao valor histórico do lugar, escenario da represión franquista. Segundo denuncian, o vídeo e as fotografías publicados pola propia empresa organizadora evidencian un comportamento que non se axusta ao recoñecemento que merece a illa como espazo de memoria democrática.
Ante esta situación, diferentes colectivos chamaron a unha concentración para mañá domingo, 8 de xuño, a partir das 10.45 horas no porto de Cesantes, en Redondela, coa intención de reclamar unha maior protección e un plan de usos que preserve o carácter conmemorativo da Illa de San Simón. Ademais, critican a Xunta de Galicia por permitir este tipo de eventos e por non dotar o enclave dun proxecto ético e responsable acorde coa súa relevancia histórica.
Os convocantes solicitan á Administración autonómica unha maior sensibilidade para evitar novas “aldraxes” ás vítimas da ditadura e para garantir que a Illa da Memoria sexa respectada como símbolo da defensa dos dereitos humanos e da recuperación da memoria histórica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208