ESPECIAL MAR
O CETMAR sitúase como eixo clave para un futuro sostible e innovador no mar galego
O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR leva máis de dúas décadas traballando para mellorar o estado do medio mariño e optimizar o uso dos seus recursos, sempre co foco posto nas persoas que viven do mar. A súa misión non é só técnica: tamén é social e estratéxica. Busca fortalecer un sector marítimo e pesqueiro máis competitivo, sostible e preparado para os desafíos actuais e futuros. Para logralo, actúa como unha plataforma de coordinación entre institucións e integra recursos procedentes de diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas, co obxectivo de fomentar a innovación nos sectores mariños.
Desde a súa fundación no ano 2001 por iniciativa da Consellería do Mar e da Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, xunto co Ministerio de Ciencia e Innovación, CETMAR expandiu o seu ámbito de actuación a nivel local, nacional e internacional. As súas accións benefician a todos os axentes públicos e privados vinculados ao mar, desde as administracións ata as empresas, pasando por universidades, centros de investigación e a sociedade civil. Na súa ampla traxectoria, ten colaborado con máis de 900 entidades de 61 países, desenvolvendo proxectos que van desde a observación oceanográfica ata o apoio técnico a países en vías de desenvolvemento.
![[Img #96208]](https://xornal21.com/upload/images/06_2025/2294_20250401_100734.jpg)
A actividade de CETMAR céntrase en múltiples áreas interrelacionadas que abranguen desde a creación de redes colaborativas, a formación e difusión, a asistencia técnica, o desenvolvemento de estratexias e análises sectoriais, a transferencia de coñecemento, ou a cooperación internacional. Todo isto desenvólvese en base a seis liñas estratéxicas fundamentais: innovación e coñecemento, gobernanza e políticas públicas, dinamización do tecido produtivo, xestión sostible do medio e os recursos, seguridade alimentaria, e resposta ante o cambio climático.
![[Img #96209]](https://xornal21.com/upload/images/06_2025/3954_7.jpg)
Con 53 profesionais de diferentes disciplinas, a organización estrutúrase en oito áreas especializadas. A unidade de Control e Xestión do Medio e dos Recursos Mariños enfócase na loita contra a contaminación mariña, na xestión sostible dos ecosistemas e na planificación espacial marítima. A área de Promoción e Transferencia de Tecnoloxía canaliza o coñecemento xerado para que poida ser aproveitado polo sector, favorecendo a innovación e a análise do entorno tecnolóxico. Pola súa parte, a Unidade de Tecnoloxías Mariñas traballa no desenvolvemento e adaptación de novas ferramentas para o medio mariño e ofrece servizos personalizados aos usuarios finais.
Outro dos piares de CETMAR é a área de Socioeconomía da Pesca, centrada en estudar os mercados, as comunidades costeiras e as políticas sectoriais. A de Tecnoloxía de Produtos Pesqueiros aborda cuestións coma a valorización de subprodutos, a seguridade alimentaria ou os procesos industriais relacionados cos recursos do mar. A Formación é tamén clave para o centro, cunha aposta clara pola cultura oceánica e a capacitación en temáticas mariñas. Ademais, a área de Cooperación Internacional colabora con terceiros países no desenvolvemento da pesca e da acuicultura, promovendo estratexias e fortalecendo sectores produtivos.
![[Img #96207]](https://xornal21.com/upload/images/06_2025/31_9.jpg)
Actualmente, CETMAR lidera ou participa en máis de 50 proxectos, que van desde a observación e predición meteorolóxica, ata a gobernanza mariña ou o impulso á economía azul. Un exemplo destacado é a súa participación no Programa de Ciencias Mariñas de Galicia (PCCMMG), no que exerce labores de coordinación xeral e participa activamente en sete paquetes de traballo. Este programa, cun orzamento de 10 millóns de euros, integra máis de 250 investigadores das tres universidades galegas, centros do CSIC e organismos da Xunta como INTECMAR, CIMA, IGaFA, CESGA, METEOGALICIA ou o propio CETMAR, ademais da Consellería do Mar.
Entre os retos do PCCMMG atópanse a observación e seguimento do medio mariño, o desenvolvemento dunha acuicultura sostible, intelixente e de precisión, e a aposta pola innovación como motor da economía azul. CETMAR leva máis dunha década traballando nesta liña a través da súa participación no Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia, en colaboración con MeteoGalicia e Intecmar. Este servizo é fundamental para anticiparse a fenómenos extremos, fortalecer a resiliencia fronte ao cambio climático e xestionar os recursos con criterios de sostibilidade.
Outro encargo de relevancia asumido recentemente por CETMAR é o de oficina técnica responsable da Estratexia da Economía Azul de Galicia, un proxecto impulsado pola Consellería do Mar. A experiencia do centro nesta materia permítelle avaliar o progreso desta folla de ruta, facilitar a súa implantación e trasladar os seus resultados á sociedade, poñendo en valor as oportunidades que ofrece o mar como motor económico sostible.
Cómpre lembrar que CETMAR é unha fundación sen ánimo de lucro de interese galego, creada por impulso da Xunta e o Goberno central. O seu Padroado está formado por representantes institucionais das tres universidades galegas, o CSIC, o Instituto Español de Oceanografía, o centro CECOPESCA, e diversas consellerías da Xunta, así como por entidades estatais como o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, o Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, e a asociación empresarial Conxemar. Esta estrutura garante a transversalidade e a independencia da súa acción, convertendo a CETMAR nun actor imprescindible no desenvolvemento e sostemento do sector mariño galego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60