NIGRAN
Nigrán colabora con Nhamayábue (Mozambique) para garantir o acceso seguro á auga
O Concello de Nigrán reforza o seu compromiso coa cooperación internacional a través dunha nova achega de 11.000 euros destinada a mellorar as condicións de vida da veciñanza de Nhamayábue, en Mozambique, un municipio africano duramente afectado polo risco constante que supón o acceso á auga do río Zambeze, onde no último ano morreron 22 persoas atacadas por crocodilos.
O alcalde de Nigrán e presidente do Fondo Galego de Cooperación, Juan González, recibiu onte ao seu homólogo mozambiqueño, Mamani Vale, en visita institucional a Galicia convidado polo Fondo. Durante o encontro, comprometeuse a financiar un proxecto de subministro seguro de auga e a construción dunha barreira protectora anti-crocodrilos, canalizado a través do Fondo Galego.
Segundo explicou o rexedor nigranés, “a poboación debe desprazarse a pé preto de 4 km para acceder ao río, nunha zona de alto risco”. Esta iniciativa dálle continuidade á colaboración iniciada en 2017 entre o Fondo Galego e Nhamayábue, que incluíu a construción de catro pozos, dos que algúns foron danados polos ciclóns e outros resultaron inutilizables pola salinidade da auga.
Durante a visita tamén participou Néstor Romero, técnico municipal de Lousame e integrante do programa ‘Especialistas en Cooperar’, que leva dous anos traballando sobre o terreo en proxectos como a creación dun club de atletismo, equipos deportivos femininos, formación para árbitros e profesorado, ou dotación de material deportivo.
O Fondo Galego de Cooperación
Integrado por 117 concellos e as catro deputacións galegas, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade garante unha xestión profesional, transparente e con impacto nos países do Sur Global. Con 28 anos de traxectoria, leva promovidos máis de 200 proxectos en máis de 30 países, consolidándose como un referente da cooperación municipal galega e axente clave na sensibilización sobre os desequilibrios globais e a Axenda 2030.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60