Entrevista con Nidia Arévalo alcaldesa de Mos
“A Festa da Rosa reflicte a nosa identidade e unión”
O Concello de Mos celebra a súa data máis sinaldada: a Festa da Rosa, que este ano acada a súa 52ª edición. Unha cita que vai máis alá do festivo e que se converteu nun símbolo de identidade para a veciñanza mosense. A alcaldesa Nidia Arévalo adianta as claves desta nova edición e reflexiona sobre o valor desta festa no corazón do municipio.
— Que significa para vostede, como alcaldesa e como veciña de Mos, a celebración da Festa da Rosa?
É unha das citas máis especiais do ano. A Festa da Rosa é sentimento, é tradición e é tamén un punto de encontro para toda a veciñanza. Para min, é un orgullo poder representar a un pobo que sabe celebrar con alegría e responsabilidade a súa historia.
— Cincuenta e dúas edicións dan para moito. Como evolucionou esta festa ao longo do tempo?
Comezou sendo unha festa máis pequena, pero foi medrando ata converterse nun evento de referencia na en toda Galicia. Hoxe en día, combina tradición e modernidade, con propostas para tódalas idades. Ademais, dende 2014 ten o recoñecemento como festa de interese turístico galego.
— Que elementos considera que definen o espírito da Festa da Rosa?
A Festa da Rosa está adicada á Rosa de Quirós, flor que aparece no escudo do Concello. Celébrase dende 1973 e na súa honra organizanse concursos, talleres, concertos e toda unha serie de eventos cada ano máis importantes. Deste xeito, a Festa da Rosa representa o respecto polas nosas raíces, a participación activa da veciñanza e o compromiso coa cultura local. A rosa é símbolo de beleza, pero tamén de resistencia e identidade. Esta é a nosa festa e defínenos como pobo, e a nosa sinal de identidade.
— Que novidades ou cambios destacaría desta edición?
Cada ano a festa crece máis. Este ano imos contar cun cartel artístico de primeiro nivel e moitas actividades para os cativos. Ademais, incorporamos propostas que apostan pola sostibilidade e a inclusión. Tamén presentamos a Festa da Rosa na Casa de Galicia en Madrid, o que supón un novo pulo na súa internacionalización. E, como grande novidade, temos una nova proposta que se vertebra sobre o viño rosado e xa temos un acordo coa Denominación de Orixe Ribeira Sacra para que se converta nun novo emblema da Festa da Rosa a partir desta edición.
— Que eventos ou momentos non hai que perderse?
Non se pode perder nada. A lectura do pregón que este ano dará Roberto Vilar, a ofrenda floral, o nomeamento dos nosos valedores, a degustación das empanadas de pan de millo, o concerto de Juan Magán, os desfiles das palilleiras, a Festa dos Bares.... Tamén están os tradicionais concursos de ramos ou o de poesía, este último novidade deste ano, así como as exhibicións deportivas e o espazo gastronómico, que cada ano gaña máis peso.
— Como responde a cidadanía de Mos ante esta festa?
A implicación é total. As asociacións, os centros educativos, os comerciantes… Todos e todas colaboran para facer posible unha celebración tan ampla. A Festa da Rosa é froito dun esforzo colectivo. O papel das asociacións sociais, veciñais e culturais e fundamental. A súa achega non só é organizativa, senón tamén creativa e emocional. Levan a festa no corazón.
— Que impacto ten a festa no ámbito económico e turístico do municipio?
Moi positivo. Dinamiza a hostalaría, promove o comercio local e atrae a visitantes que despois repiten. É unha oportunidade para amosar todo o que Mos pode ofrecer. Non hai que olvidar que este ano volvemos a ser meta, no Castro de Herville, meta dunha etapa de La Vuelta, o que nos da unha grande proxección internacional, polo que queremos que a Festa da Rosa sexa un reflexo tamén da nosa identidade e da nosa unión. Hai que ter en conta tamén que somos punto de paso do Camiño de Santiago na súa vertente portuguesa.
—Logo de máis de medio século, cal diría que é a esencia que se mantén viva?
A capacidade de unirnos arredor do que nos identifica. A Festa da Rosa é memoria, pero tamén é futuro. É unha celebración que nos lembra quen somos e que nos fai sentir o orgullo de ser de Mos.
— Por último, que lle diría a todas as persoas que están pensando en achegarse a Mos durante esta edición?
Que veñan con ganas de desfrutar e de coñecer un municipio acolledor, dinámico e cheo de vida. A Festa da Rosa é de todos e todas. Todo o mundo é benvido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129