Viernes, 05 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 05 de Agosto de 2025 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Xunta investirá 327.000 euros para recuperar o espazo peonil no entorno da igrexa de Santa María de Sacos

As obras, enmarcadas no Plan Hurbe, mellorarán a accesibilidade e eficiencia enerxética deste ámbito rural de Cerdedo-Cotobade.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou esta semana as obras de recuperación do espazo peonil no entorno da Igrexa de Santa María de Sacos, no concello de Cerdedo-Cotobade, cun orzamento de 326.500 euros. O proxecto, enmarcado no Plan Hurbe, ten como obxectivo crear unha zona de uso público e mellorar a eficiencia enerxética mediante a substitución das luminarias existentes.

 

 

A intervención centrarase en dous ámbitos: unha zona aberta xunto ao adro da igrexa e un tramo da vía de acceso a Vila de Abaixo. O obxectivo é xerar unha plataforma única peonil que fomente o uso deste espazo pola veciñanza, nunha zona que inclúe tamén o cemiterio parroquial, a reitoral e a casa do pobo.

 

A Xunta de Galicia asumirá o 70% do investimento (260.911 euros), mentres que o Concello de Cerdedo-Cotobade aportará o 30% restante. O prazo para presentar ofertas na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia remata o 25 de agosto.

 

Esta actuación forma parte da estratexia do Goberno galego para revitalizar os núcleos rurais, mellorando a accesibilidade e eliminando barreiras arquitectónicas. O Plan Hurbe, impulsado pola conselleira María Martínez Allegue, busca achegar o modelo urbano a estas áreas, converténdoas en puntos de referencia para servizos públicos e privados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.