Viernes, 26 de Septiembre de 2025

Días de este evento:
Día Domingo, 05 de Octubre de 2025

O Porriño

O Porriño celebra a súa XXXII Festa dos Callos o 5 de outubro

O evento gastronómico máis emblemático do municipio volve coa súa tradición culinaria, animación de rúa e un torneo de patín.

O Porriño prepara para o domingo 5 de outubro a XXXII edición da Festa dos Callos, o evento gastronómico máis tradicional do municipio. Organizada por Ahospor coa colaboración do Concello, a festa terá lugar a partir das 12:00 horas nos establecementos hostaleiros da vila, onde se poderá degustar este prato típico.

 

A xornada estará acompañada de animación de rúa con batucadas e charangas que percorrerán as rúas do centro entre as 12:00 e as 14:00 horas. Paralelamente, desenvolverse o Torneo individual Patín Porriño durante todo o día no Pavillón Municipal dos Deportes.

 

Esta edición número 32 da festa consolída unha cita que se converteu nun referente gastronómico da comarca, combinando a tradición culinaria coa dinamización cultural e deportiva do concello.

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.