Galicia
Galicia reforza a vacinación da gripe e da covid-19 con doses de alta carga e un programa piloto nos colexios
Vacina sen pinchazo para 19.000 nenos galegos de 55 centros educativos nos que se realizará un proxecto piloto de inmunización fronte á gripe
A campaña estenderase ata decembro e introduce novidades como unha vacina de alta carga para maiores de 70 anos e un programa piloto intranasal en 55 colexios.
A campaña de inmunización fronte á gripe e á covid-19 iniciouse o pasado 29 de setembro en centros sociosanitarios de Galicia, marcando o comezo dunha das accións sanitarias máis relevantes deste outono. O plan, deseñado pola Consellería de Sanidade, prolongarase ata finais de decembro e aplicarase de maneira progresiva entre os diferentes grupos de idade e colectivos prioritarios, co obxectivo de reforzar a protección da poboación galega ante o incremento das infeccións respiratorias durante os meses fríos.
As primeiras doses comezaron a administrarse en residencias de maiores e en centros de atención a persoas con discapacidade, incluíndo tanto aos usuarios como ao persoal que traballa nestes espazos. Entre as principais novidades da campaña destaca a introdución das doses de alta carga da vacina antigripal para as persoas maiores de 70 anos, despois dos bos resultados obtidos no ensaio clínico ‘Galflu’. Galicia mantén o seu liderado estatal en vacinación fronte á gripe, cun 71 % de cobertura entre a poboación maior de 65 anos, fronte ao 58,4 % da media española.
![[Img #98768]](https://xornal21.com/upload/images/10_2025/1758_20250929_vacinacion_gripe_covid_residencias_maiores15.jpg)
Un dos eixes máis innovadores da campaña é o programa piloto de vacinación escolar fronte á gripe por vía intranasal, que permitirá inmunizar a 19.000 nenos e nenas de entre 3 e 11 anos en 55 centros educativos de toda a comunidade. Esta vacina, que se aplica sen pinchazo, busca facilitar o proceso e aumentar a participación familiar. O proxecto, desenvolvido de maneira voluntaria, conta con equipos de enfermaría das sete áreas sanitarias, que se desprazan aos colexios para realizar a administración da vacina nas propias instalacións educativas. O obxectivo é acadar unha cobertura do 70 % entre o alumnado nado entre 2014 e 2022.
A iniciativa abrangue centros tanto urbanos como rurais, escollidos para garantir unha mostra representativa de todo o territorio galego. Na área sanitaria da Coruña e Cee participan o CEIP Eusebio da Guarda, CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cerviño, CEIP Raquel Camacho e CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida (A Coruña); o CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha); o CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos); o CEIP Fogar (Carballo); o CPR Plurilingüe Andaina (Culleredo) e o CPR Plurilingüe Hijas de Cristo Rey (Oleiros). Na área sanitaria de Ferrol participan o CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira e o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, ambos no concello de Ferrol.
Na área sanitaria de Lugo, Monforte de Lemos e A Mariña participan o CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela), o CPI Plurilingüe Virxe do Monte (Cospeito), o CPI Plurilingüe Dr. López Suárez (Friol), o CEIP Plurilingüe Lagostelle (Guitiriz), o CEIP Luís Pimentel e o CPR Plurilingüe San José (Lugo), o CPR Plurilingüe Nuestra Señora de la Asunción (Sarria), a EEI Vilalba (Vilalba) e o CPR Plurilingüe Landro (Viveiro). Na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras participan o CPR Pablo VI Fátima (A Rúa), o CPI Plurilingüe Antonio Faílde (Coles), o CPI Terras de Maside (Maside), o CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo e o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón (O Carballiño), o CPR Plurilingüe Miraflores (O Pereiro de Aguiar), o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar e o CPR Plurilingüe Divina Pastora (Ourense), o CPR Plurilingüe María Inmaculada (Verín) e o CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia).
Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés inclúense o CPR Sonrisas y Lágrimas (A Illa de Arousa), o CEIP San Tomé (Cambados), o CEIP A Xunqueira II e a EEI Concepción Crespo Rivas (Pontevedra), así como o CEIP Plurilingüe Arealonga e o CPR Plurilingüe Sagrada Familia (Vilagarcía de Arousa).
Na área sanitaria de Vigo participan o CRA María Zambrano (O Rosal), o CPR Plurilingüe Lar (Mos), o CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas), o CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño), e tamén o CEIP Plurilingüe García Barbón, o CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro, o CPR Plurilingüe Santiago Apóstol e a EEI Vila Laura (Vigo).
Finalmente, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza inclúense o CPR Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes (A Estrada), a EEI do Milladoiro (Ames), o CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario (Arzúa), o CEIP Xesús Golmar (Lalín), o CEIP Plurilingüe O Coto (Negreira), o CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Ordes), o CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso), o CPR Plurilingüe Nosa Señora Inmaculada (Santa Comba), o CEIP das Fontiñas e o CPR Plurilingüe La Salle (Santiago de Compostela), e o CPR Plurilingüe María Inmaculada (Silleda).
As Consellerías de Sanidade e Educación informan aos centros participantes e ás familias sobre os detalles do programa e a importancia da vacinación antigripal. En cada centro organizáronse reunións informativas coas familias e co equipo de enfermería, onde se resolveron dúbidas e se entregaron as follas de consentimento. Antes da inmunización, o persoal sanitario revisa a historia clínica dos menores autorizados, garantindo que todos os procesos se realicen con seguridade.
![[Img #98767]](https://xornal21.com/upload/images/10_2025/9764_20250929_vacinacion_gripe_covid_residencias_maiores18.jpg)
Paralelamente, a campaña xeral de vacinación continuará con novos grupos de poboación. Tras a inmunización nas residencias, seguirán as persoas de 70 anos ou máis, as que se atopan en situación de inmunosupresión e o persoal sanitario e de urxencias. Posteriormente será a quenda das mulleres embarazadas e das persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco, así como do persoal de servizos esenciais e das persoas con exposición laboral. Finalmente, incluiranse os conviventes de persoas vulnerables e o resto da poboación xeral, completando así o proceso de inmunización progresiva previsto ata o mes de decembro.
Entre as innovacións tamén se atopa a introdución dun modelo pioneiro de adquisición de vacinas mediante acordo de risco compartido, que permite avaliar os resultados clínicos antes de decidir novas compras, garantindo unha xestión máis eficiente e baseada na evidencia científica.
A finalidade última desta campaña é reducir o número e a gravidade das complicacións derivadas dos virus respiratorios, especialmente entre a poboación máis vulnerable, e previr a transmisión mediante unha ampla cobertura vacinal que beneficie á totalidade da comunidade. Galicia consolida así a súa posición de vangarda na prevención sanitaria, combinando innovación, planificación e compromiso coa saúde pública.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116