NO MARCO DA ESTRATEXIA GALEGA DE SOLO RESIDENCIAL, A XUNTA COMPROMÉTESE A DESENVOLVER SOLO ONDE SE PODERÁN CONSTRUÍR 25.000 NOVAS VIVENDAS NOS PRÓXIMOS ANOS
A Xunta ten en marcha preto de 3.000 viviendas públicas, o 73% do comprometido para este lexislatura
O Goberno autonómico ten en marcha case 3.000 fogares e anuncia novas medidas de axilización para 2026 co fin de duplicar o parque residencial de promoción pública.
A Xunta de Galicia avanza no seu compromiso de duplicar o parque público residencial, pasando de 4.000 a 8.000 vivendas durante esta lexislatura. Segundo os datos actuais, a administración autonómica xa ten en marcha preto de 3.000 novos fogares en diferentes fases de execución, o que representa o 73% do obxectivo fixado.
Este esforzo tradúcese nun investimento xa licitado de 208 millóns de euros, cun total estimado de 451 millóns de euros. As promocións esténdense por concellos con alta demanda como Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, A Coruña, Santiago, Ferrol ou Mos.
O impulso á construción de vivenda de promoción pública canalízase a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e tamén coa Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), que iniciou a súa actividade a principios de 2025 e contará cun orzamento superior aos 77 millóns de euros en 2026.
![[Img #99334]](https://xornal21.com/upload/images/11_2025/8673_04-valdecorvos-17-infografias-interior.jpg)
Actualmente, o IGVS ten en construción 825 vivendas con 183 millóns de euros xa licitados, ademais da promoción de 190 aloxamentos compartidos para a mocidade en Lugo, Vigo e Santiago. Pola súa banda, Vipugal ten programadas xa outras 1.777 vivendas e 768 fogares en concellos que cederon solo e onde existe demanda acreditada.
Estratexia Galega de Solo Residencial e Orzamentos 2026
No marco da Estratexia Galega de Solo Residencial, a Xunta comprométese a desenvolver solo onde se poderán construír 25.000 novas vivendas nos próximos anos (20.000 protexidas e 5.000 libres), mediante Proxectos de Interese Autonómico (PIA).
Actualmente, están tramitados 9 destes proxectos para urbanizar ámbitos de solo nas principais cidades e concellos como Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ourense, Santiago, Lugo, Arteixo e Vilagarcía de Arousa . Estase a iniciar a tramitación do décimo en Marín. Todos eles suman unha estimación de solo para construír 21.000 vivendas.
Este compromiso reflictese nos Orzamentos de 2026, que destinarán 350 millóns de euros a políticas de vivenda, cunha cifra récord de 269 millóns para o IGVS.
Novas medidas para axilizar a construción
Este esforzo orzamentario en vivenda vai unido ao impulso, a partir do vindeiro 2026, de novas medidas para axilizar a posta a disposición de novos fogares.
Así, a partir do vindeiro 1 de xaneiro os concellos poderán promover e desenvolver Proxectos de Interese Autonómico (PIA) para a creación de solo destinado ao menos nun 80% á construción de vivenda protexida.
![[Img #99333]](https://xornal21.com/upload/images/11_2025/8505_pedro-fernandez-3.jpg)
Outra modificación normativa permitirá a construción de vivenda protexida e aloxamentos compartidos en solos dotacionais en desuso, por parte da Xunta ou promotores do sector, sen necesidade de modificar o planeamento urbanístico. Posibilitará axilizar a construción e rexenerar espazos urbanos ao mobilizar patrimonio público ou privado cun fin social. As vivendas que resulten terán cualificación pública permanente.
Tamén se regularán os aloxamentos compartidos a través da Lei de Vivenda en canto a súa composición e características. Trátase dun modelo alternativo que se adapta ás novas formas de convivencia que equilibran a autonomía individual e a vida compartida. Unha medida que permitirá ao Goberno galego seguir avanzando no obxectivo de incrementar o parque de vivenda con propostas máis alá do piso convencional.
Outra das medidas permitirá incrementar a edificabilidade nun solo urbanizable por riba do sinalado na Lei do Solo ata un 20%, se se reserva o 60% da promoción a vivenda protexida, co obxectivo de dar facilidades para que resulte máis atractivo facer vivenda protexida.
Por outra banda, cando os propietarios de vivendas de promoción pública poñan en venda os seus inmobles en segundas e posteriores transmisións, compraraas o Instituto Galego da Vivenda e Solo. Deste xeito, seguirase a ampliar o conxunto de fogares públicos con cualificación permanente.
E en Ourense arrancará o programa piloto de adquisición de locais en desuso para convertelos en vivendas. Adquiriranse baixos que reúnan as condicións técnicas e xurídicas axeitadas para convertelos en vivenda. O programa contará con 5M€, dos que 2M€ están xa consignados para 2026.
Así mesmo, incrementarase a partida do programa Fogar Vivo de axudas aos propietarios para reformar pisos baleiros a fin de poñelos no mercado de alugueiro, con axudas extra para os que aluguen a xente moza. Para o 2026 o programa triplica a súa dotación ata os 2,6M€.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49