Redondela
Un premio para o xornalismo que combate o machismo
O Concello de Redondela convoca a quinta edición do galardón Sesé Mateo, dotado con 1.500 euros, para recoñecer os traballos xornalísticos con maior ética e rigor no tratamento da violencia de xénero.
A información sobre a violencia machista require unha aproximación responsable, allea ao sensacionalismo e respectuosa coas vítimas. Co obxectivo de promover un xornalismo ético nesta materia, abríuse a convocatoria para o V Premio Sesé Mateo, un galardón que recoñecerá o mellor traballo publicado ou emitido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025. A dotación económica do premio é de 1.500 euros.
O certame, convocado pola administración local de Redondela, leva o nome de Sesé Mateo, unha muller feminista asasinada pola súa exparella en 2017, cuxa memoria inspira esta iniciativa. O premio busca distinguir a aqueles profesionais que, ademais de informar, o fagan "con ética, fuxindo do sensacionalismo e tendo coidado coa intimidade das vítimas e das persoas superviventes máis vulnerables". Segundo as bases, tamén se valorará a aqueles que sinalen "a súa profunda raíz e alenten a toda a sociedade a arrincala de vez".
Os traballos poderán ser de calquera xénero xornalístico (noticia, reportaxe, artigo de opinión...) e terán sido difundidos en calquera tipo de soporte: escrito, radiofónico, audiovisual ou dixital. Entre os criterios de valoración, que outorgan ata 10 puntos, destacan o uso da lingua galega, co que se poderá obter 1 punto adicional por ser o seu uso "minoritario no ámbito xornalístico". Outros aspectos clave son a visibilización das formas de violencia, a difusión de recursos de prevención e atención ás vítimas e o tratamento adecuado da información contextualizado con persoas especializadas.
O xurado estará presidido pola concelleira de Igualdade e contará con tres vogais do ámbito do xornalismo e a cultura. O prazo para presentar candidaturas é de cinco días naturais a partir da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As persoas interesadas poden presentar a súa documentación no Rexistro Xeral do concello ou a través da súa sede electrónica. O fallo farase público nun prazo máximo de tres meses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.140