Mos
O festival de rondallas en Mos aspira a atraer turismo durante o inverno
Turismo de Galicia destaca a contribución do certame á desestacionalización e á posta en valor do patrimonio inmaterial.
O novo Rondallas Fest de Mos nace co selo institucional da Xunta de Galicia. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou durante a inauguración desta primeira edición que o evento "nutre a oferta turística do Sur de Galicia cunha proposta musical de forte arraigo popular", ao tempo que contribúe á desestacionalización e serve como motor de activación turística. A cita, que se celebra ata o próximo domingo 14 de decembro, enmárcase na aposta da consellería por proxectos que "reforzan a identidade dos territorios" e dan visibilidade ao patrimonio inmaterial galego.
A vocación do festival é consolidar a Mos e a provincia de Pontevedra como referencia cultural dentro do xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño. Nesta súa estrea, o certame reúne 17 agrupacións federadas, poñendo en valor a tradición das rondallas como un atractivo capaz de xerar sinerxias entre o ámbito cultural e o turístico.
![[Img #100273]](https://xornal21.com/upload/images/12_2025/8113_rondallasfest-mos.jpg)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60