Provincia de Pontevedra
Un programa de 100.000 euros llevará 102 obradoiros de benestar, arte e natureza á mocidade rural de Pontevedra
‘Xuventude a Máis’, da Deputación, abre en xaneiro a convocatoria para que os concellos de menos de 20.000 habitantes elixan as súas actividades.
A Deputación de Pontevedra impulsa un novo programa provincial dotado con 100.000 euros para levar actividades formativas e de lecer á mocidade dos municipios máis pequenos. A iniciativa, denominada ‘Xuventude a Máis’, ofertará un total de 102 obradoiros centrados no benestar persoal, a creatividade artística e a conexión co medio natural.
“Avanzamos, unha vez máis, para dotar á xuventude da nosa provincia de propostas adaptadas ás súas necesidades”, asegurou o presidente provincial, Luis López, durante a presentación do programa. A convocatoria está dirixida especificamente aos concelleos de menos de 20.000 habitantes, que poderán solicitar entre dous e catro actividades diferentes para os seus veciños máis novos.
O prazo para que as administracións locais presenten as súas solicitudes e elixan as temáticas estarán abertas desde o 19 de xaneiro ata o 6 de febreiro de 2026. Os obradoiros en si mesmos desenvolveranse posteriormente, entre setembro de 2026 e marzo de 2027, e estarán dirixidos a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos.
Cada taller terá unha duración de 20 horas e estará deseñado para grupos de entre 7 e 15 participantes. A oferta, segundo detallou a Deputación, distribúese en tres grandes bloques temáticos. O primeiro, de habilidades para o benestar e o coidado persoal, inclúe formación en economía doméstica, primeiros auxilios, defensa persoal, cociña e nutrición ou saúde mental.
O segundo bloque está dedicado á expresión artística e cultural, con obradoiros de iniciación á música tradicional galega, DJ, edición de vídeo e fotografía, creación de produtos gráficos ou deseño de merchandising. Finalmente, o eixo de conexión e coidado da contorna aglutinará actividades de sendeirismo, interpretación do patrimonio natural, horta urbana, reciclaxe de mobles ou adestramento canino.
O obxectivo final do programa é fortalecer a oferta de actividades dirixidas á mocidade no ámbito rural e dos concellos de menor tamaño, facilitando recursos e propostas específicas que fomenten o desenvolvemento persoal e a participación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217