PONTEAREAS
Ponteareas, oficialmente 'Cidade Amiga da Infancia' por UNICEF
Ponteareas acaba de dar un paso firme na súa aposta pola xuventude. O municipio vén de recibir o Recoñecemento como "Cidade Amiga da Infancia" por parte de UNICEF Comité Español para o período 2026-2029, unha distinción que ratifica o traballo desenvolvido nos últimos anos para situar ás nenas, nenos e adolescentes no centro das políticas locais.
O diploma acreditativo foi entregado nun acto institucional pola presidenta de UNICEF Comité Galicia, María Montalvo Freire, á alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro. A vixencia deste recoñecemento é de catro anos e implica que os municipios distinguidos se comprometen a acadar resultados demostrables na defensa dos dereitos da infancia, garantir a súa participación real e inclusiva e eliminar calquera forma de discriminación nas políticas e accións locais.
Para acadar este distintivo, as entidades locais deben cumprir requisitos esixentes: realizar unha diagnose da situación da infancia no seu territorio, elaborar e dotar orzamentariamente un Plan de Infancia e crear, cando menos, un grupo estable de participación infantil e adolescente.
O concelleiro de Xuventude, Cristian Montes, destacou que "este recoñecemento é o resultado dun traballo constante e transversal que sitúa á infancia e á adolescencia no centro das políticas municipais. En Ponteareas escoitamos á mocidade, contamos con ela e traballamos para ofrecer oportunidades reais de participación e desenvolvemento".
Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, sinalou que "ser Cidade Amiga da Infancia non é só un distintivo, é unha responsabilidade. Seguiremos investindo en servizos, infraestruturas e programas que garantan igualdade de oportunidades e un futuro mellor para as nosas nenas, nenos e adolescentes".
Iniciativas que marcan a diferenza
O Concello recibiu os parabéns polas distintas iniciativas postas en marcha nos últimos anos. Entre elas destaca o exitoso programa "Talento Xove", que prepara xa a súa terceira edición e no que participaron máis de 500 mozas e mozos, un concurso que promove e visibiliza o talento local en múltiples disciplinas.
No capítulo de infraestruturas, salienta a construción dunha nova escola infantil conectada coa natureza, con capacidade para 100 prazas, e a posta en funcionamento dunha nova ludoteca municipal. A estes recursos súmase o proxecto dunha nova biblioteca de máis de 2.000 metros cadrados, concibida como espazo de encontro, estudo e dinamización cultural que permanecerá aberta os 365 días do ano.
A promoción da participación xuvenil é outra das patas fundamentais, a través do departamento de Xuventude para deseñar programación lúdica e cultural, a organización de obradoiros interxeracionais para a aprendizaxe de oficios tradicionais, o impulso de actividades de voluntariado xuvenil, os campamentos de conciliación ofrecidos ás familias e os servizos de comedores escolares.
No ámbito formativo, Ponteareas conta cunha sede da extensión universitaria da UNED, unha oficina SmartPeme, un espazo de coworking e unha aula de dixitalización que permiten á mocidade formarse, emprender e desenvolver proxectos profesionais sen saír do municipio.
María Montalvo, presidenta de UNICEF Comité Galicia, subliñou durante a entrega: "Agradecemos o compromiso e traballo continuado do Concello de Ponteareas, mostrando a súa preocupación polo benestar dos nenos, nenas e adolescentes da localidade e avanzando para que as súas opinións sexan tidas en conta. Desde UNICEF Comité Galicia animámoslles a seguir traballando nesta liña de participación e dereitos de infancia".
Segundo unha recente avaliación externa de impacto, as Cidades Amigas da Infancia teñen unha maior probabilidade de desenvolver políticas con enfoque específico de infancia en comparación con outros municipios que non participan nesta iniciativa. O compromiso dos axentes sociais, o respaldo político do goberno local e a dispoñibilidade de recursos consolídanse como factores clave para a sustentabilidade do programa.
Con este recoñecemento, Ponteareas reafirma a súa vontade de seguir construíndo un municipio máis inclusivo, participativo e comprometido cos dereitos da infancia e da adolescencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141