Galicia
El silencio gana terreno: Galicia logra reducir el ruido ambiental por tercer año consecutivo
El último informe de la Consellería de Medio Ambiente constata una lixeira mellora nos niveis de contaminación acústica, con descensos significativos en puntos como Riazor (A Coruña) e Campolongo (Pontevedra), aunque o tráfico e o lecer nocturno seguen sendo os principais focos
Galicia continúa avanzando no cumprimento dos obxectivos marcados pola normativa sobre contaminación acústica e consolida a tendencia á redución dos niveis de ruído ambiental aos que está exposta a poboación. Así o reflicte o último informe anual elaborado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, correspondente ao período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024, do que foi informado hoxe o Consello da Xunta.
A análise dos datos rexistrados na rede autonómica de vixilancia, composta por 10 estacións con sonómetro distribuídas por todo o territorio, conclúe que o estado global da calidade acústica se mantén aceptable, observándose mesmo unha lixeira mellora nos valores históricos de ruído. Os rexistros amosan diminucións e aumentos puntuais dentro das desviacións esperadas, cun balance global positivo.
Entre os casos máis destacados figuran as melloras detectadas na estación de Campolongo, en Pontevedra, e, sobre todo, na de Riazor (A Coruña) , onde se rexistraron diminucións en todos os índices analizados. O resto das estacións acadan valores similares aos históricos, coa excepción da localizada no Campus de Santiago, onde se detecta un empeoramento que os técnicos atribúen a fenómenos meteorolóxicos puntuais.
Tráfico e lecer, os principais focos
Dos resultados obtidos constátase que o tráfico (fonte de ruído continuo, especialmente en horario diúrno e de tarde) e o lecer (máis explosivo e concentrado no período nocturno) seguen sendo, como historicamente, os principais axentes humanos da contaminación acústica en Galicia. O informe analiza tamén a incidencia de fenómenos meteorolóxicos (choiva, vento, treboadas) e doutras fontes antrópicas como obras e actividades produtivas.
A rede de vixilancia da Xunta, integrada dentro das estacións da Rede de calidade do aire de Galicia, constitúe un fito a nivel autonómico ao permitir analizar distintas zonas das principais urbes galegas. As estacións están localizadas en As Eiras (Laza), avenida Fingoi (Lugo), Campolongo (Pontevedra), campus universitario e San Caetano (Santiago), Coia (Vigo), estación de autobús e tren (Ourense), parque Raíña Sofía (Ferrol), Riazor (A Coruña) e rúa 9 (Lalín). Nove delas son urbanas e unha (As Eiras) está en contorna rural.
Segundo a tipoloxía da principal fonte de emisión, as estacións poden ser de tráfico (situadas en contornas urbanas con estradas de considerable densidade) ou de fondo (en lugares onde a densidade de tráfico é moito menor). Os sonómetros recollen valores cada 10 minutos, a partir dos que se calculan os índices diarios e anuais.
Competencias municipais e apoio autonómico
A aplicación da lexislación sectorial relacionada coa loita contra a contaminación acústica é maioritariamente competencia dos concellos, correspondendo á Xunta a responsabilidade da información ambiental. Nesta obriga enmárcase a elaboración desde 2012 do informe anual que hoxe coñeceu o Consello.
Galicia foi unha das comunidades pioneiras na regulación da contaminación acústica, cunha notable achega para o impulso de políticas de sensibilización. En 2018, a Xunta aprobou un modelo de ordenanza tipo para facilitar tecnicamente aos concellos o exercicio das súas competencias, ofrecendo un marco regulador para previr, vixiar e reducir a contaminación acústica nos seus municipios.
Entre as principais medidas de protección fronte ao ruído, o informe destaca a redución do tráfico e a regulación da velocidade, a promoción de medios de transporte pouco contaminantes, o uso de pavimentos de calidade, a implantación de barreiras acústicas e zonas verdes, así como o compromiso social e normativo. Actuacións que, en conxunto, melloran a calidade de vida e garanten o progreso social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49