Jueves, 14 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 14 de Mayo de 2026 a las 17:56:32 horas

Redacción Mos
Jueves, 14 de Mayo de 2026 Tiempo de lectura:
MOS

Cuatrocientos jóvenes llenan el Óscar Pereiro de artes marciales en el provincial escolar de Kung Fu

O Concello de Mos acolleu a presentación oficial do Campionato Provincial Escolar de Kung Fu de Pontevedra, unha cita deportiva organizada polo Club León&Fam-Carrera en colaboración coa Federación Galega de Kung Fu e dentro do programa de Deporte Escolar da Xunta de Galicia.

 

 

No acto de presentación, que tivo lugar esta mañá no Concello de Mos, participaron os concelleiros Felisa Rodríguez e Camilo Grandal, o director do campionato Enrique Carrera e o representante da Federación Galega de Kung Fu Carlos Alonso, que puxeron en valor a importancia do deporte base e o crecemento que esta disciplina está a experimentar entre a mocidade.

 

O campionato celebrarase o vindeiro 16 de maio no Pavillón Óscar Pereiro e reunirá deportistas procedentes de diferentes puntos de Pontevedra. A xornada estará dividida en dous sectores competitivos independentes, Sector Sur e Sector Centro-Norte, desenvolvéndose ámbolos campionatos o mesmo día en sesións consecutivas. O Sector Sur dará comezo arredor das 11:00 horas e, posteriormente, disputarase o Sector Centro-Norte a partir das 17:00 horas.

 

Segundo a organización, está prevista a participación de máis de catrocentos deportistas das categorías benxamín, alevín e infantil, integrados en equipos mixtos que competirán en distintas probas técnicas e coreográficas propias do kung fu escolar.

 

Durante a presentación, Enrique Carrera, responsable do Club León&Fam-Carrera, destacou o carácter educativo e formativo do evento, sinalando que “o campionato non busca unicamente a competición deportiva, senón tamén fomentar valores como a disciplina, o compañeirismo, o autocontrol e a convivencia entre os mozos e mozas deportistas”.

 

A organización prevé unha importante asistencia de público ao longo de toda a xornada, nunha competición que combinará actividade deportiva, promoción do deporte base e participación familiar.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.