MOS
Escolares de Mos cantan e bailan "Begoñísima" para homenaxear a Begoña Caamaño
O Multiusos das Pozas acolleu unha actividade con Uxía e Malvela, mentres que o domingo Torroso celebrará unha ruada de música tradicional e baile.
Máis de cen escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria encheron esta mañá o Multiusos das Pozas para celebrar as Letras Galegas cunha homenaxe moi especial. O alumnado non só escoitou falar de Begoña Caamaño, a escritora e xornalista viguesa homenaxeada este ano, senón que cantou e bailou ao son de "Begoñísima", o videoclip que Uxía e Malvela lle dedicaron.
A actividade, organizada polo Concello de Mos, tivo dous momentos clave. Primeiro, os nenos e nenas coñeceron a traxectoria vital e literaria da autora de obras como Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle, unha figura clave da narrativa galega contemporánea pola súa mirada feminina e innovadora. Despois, chegou o directo: Uxía e as compoñentes de Malvela subíronse ao escenario para explicarlles o proceso creativo da canción e a importancia de transmitir referentes culturais galegos ás novas xeracións.
Pero o mellor estaba por chegar. Como broche final, os alumnos de 5º de Primaria do CEIP Petelos acompañaron as artistas na interpretación de "Begoñísima". O resultado foi un auditorio enteiro bailando e cantando, unha estampa que demostra que a cultura tradicional pode ser tan vibrante como calquera fenómeno musical de masas.
A alcaldesa, Nidia Arévalo, que asistiu ao acto, agradeceu ás artistas a súa implicación "por contribuír a achegar a cultura galega aos máis novos dun xeito próximo, dinámico e emocionante". Arévalo fixo fincapé na "importancia de seguir impulsando iniciativas educativas que permitan que os nenos e nenas coñezan, valoren e sintan como propia a nosa lingua e o noso patrimonio cultural".
Domingo de ruada en Torroso
A programación non queda aquí. Este domingo 17 de maio, ás 11:30 horas, o Centro Dotacional de Torroso acollerá "Ruada, canta e toca a Begoña Caamaño", un acto organizado polo Centro Recreativo e Cultural de Torroso e o Concello de Mos. A cita reunirá música tradicional, canto popular e baile da man de Ruada Folk, o Coro Setestrelo, as Cantareiras de Sobreira e o Grupo de Baile Ruada. Durante o evento proxectarase de novo o videoclip "Begoñísima", con Malvela en directo.
O Concello de Mos destaca que con esta programación busca converter as Letras Galegas "nunha celebración participativa da nosa lingua e da nosa cultura", fomentando o coñecemento das tradicións e a transmisión do patrimonio entre xeracións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.152