Galicia
O Plan de conservación da Xunta logra 87 parellas de píllara das dunas en Galicia
A poboación galega desta especie vulnerable é a única que crece en España xunto á balear, grazas ao programa de incubación artificial e cría nos centros de Oleiros e Cotobade.
O Plan de conservación da píllara das dunas impulsado pola Xunta no ano 2014 está a dar importantes froitos en Galicia, onde xa hai contabilizadas un total de 87 parellas reprodutoras en toda a súa costa, segundo o último censo da especie elaborado pola Universidade de Santiago en 2025.
Durante unha visita á praia ferrolá de San Xurxo, onde nidifica esta especie catalogada como vulnerable e considerada todo un símbolo dos areais galegos, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que, grazas ao labor de seguimento e protección dos niños e ás actuacións de conservación e investigación, a realidade é que a píllara das dunas presenta unha tendencia positiva na Comunidade.
De feito, a poboación galega de píllara das dunas é, xunto coa das Illas Baleares, a única en todo o país que experimenta e mantén un crecemento progresivo, segundo os datos recollidos no último Libro Vermello das Aves en España.
Esta evolución é posible, en parte, grazas á aposta que fixo a Xunta no ano 2017 por un programa para a conservación e cría ex-situ —fóra do seu hábitat natural— destas pequenas aves. Segundo explicou a conselleira, a iniciativa considérase hoxe en día “unha experiencia única en toda Europa” e no marco da mesma xa se logrou que voasen con éxito un total de 178 polos incubados de forma artificial e posteriormente criados nos centros de recuperación de fauna autonómicos de Oleiros e Cotobade.
Este programa enmárcase no proxecto europeo IBERALEX para mellorar a conservación da píllara das dunas como ferramenta para compatibilizar usos humanos e biodiversidade no espazo transfronteirizo entre Galicia e Portugal. Cun orzamento global de 1,9 millóns de euros, cofinanciado ao 75% con fondos europeos FEDER, o proxecto desenvolverase ata finais deste ano.
Tras lembrar que a píllara das dunas está nestes momentos en pleno ciclo reprodutivo —o período de cría nas praias vai do mes de marzo ao de agosto—, a responsable autonómica insistiu na importancia de seguir facendo un seguimento activo destas aves e de compatibilizar o uso recreativo e público dos areais co respecto ás zonas de cría.
Explicou que, este ano e só na provincia da Coruña, o seu departamento mantén monitorizados máis de 60 niños en 18 areais, dos cales o 80% foron protexidos mediante perímetros de protección. Así mesmo, avanzou que o persoal da Consellería xa tivo que rescatar 11 niños ameazados polas pleamares vivas para trasladalos aos centros de Oleiros (nove) e de Cotobade (dous).
A praia de San Xurxo é un areal de referencia para a especie. En 2025 nidificaron nela 7 das 16 parellas localizadas na costa Ártabra. Moitos dos exemplares que agora crían nas praias proceden do programa de cría ex-situ da Xunta, un dato que confirma a efectividade das medidas de protección.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.51